Probas de acceso a ciclos formativos
RESOLUCIÓN DO 28 MARZO /07, pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de Grao Medio e Grao Superior.
PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO
Adiántase a idade para poder presentarse ás probas:
- Grao medio: poderase presentar quen teña 17 anos ou os cumpra no ano de realización da proba. Non precisa este requisito de idade quen supere un programa de garantía social.
- A solicitude de inscrición presentarase por duplicado na secretaría de calquera dos IES onde se impartan ensinanzas de formación profesional específica.
· O prazo de presentación comprende entre o día 14 e 22 de maio, ambos os dous incluídos.
· O centro que tramite a solicitude deberá entregarlle á persoa solicitante unha copia selada desta.
· No caso do alumnado matriculado en Programas de garantía Social no presente curso escolar deberá presentar unha inscrición provisional. A inscrición será definitiva cando achegue a certificación de ter superado dito Programa.
· Na páxina web http://www.edu.xunta.es/fp pódese realizar a inscrición para as probas e presentala despois na secretaria dun dos centros citados.
· A relación provisional de persoas admitidas e excluídas para a realización da proba publicarase o día 23 de maio.
· As probas de acceso terán lugar o día 12 de xuño de 2007, no seguinte horario:
- Ás 9.00 horas: Presentación.
- Das 10:00 ás 12:00 horas: parte científica-tecnolóxica.
- Das 12:30 ás 14:30 horas: parte sociocultural.
· Os resultados das cualificacións provisionais publicaranse o día 18 de xuño.
PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO SUPERIOR
- Adiántase a idade para poder presentarse ás probas:
· Grao superior: poderase presentar quen teña 19 anos ou os cumpra no ano de realización da proba ou 18 se se ten un título de técnico nun ciclo formativo pertencente á mesma familia profesional que o ciclo que se desexa cursar.
· A solicitude de inscrición presentarase por duplicado na secretaría de calquera dos IES onde se impartan ensinanzas de formación profesional específica.
· O prazo de presentación comprende entre o día 16 e o 24 de abril, ambos os dous incluídos.
· O centro que tramite a solicitude deberá entregarlle á persoa solicitante unha copia selada desta.
· Na páxina web http://www.edu.xunta.es/fp pódese realizar a inscrición para as probas e presentala despois na secretaria dun dos centros citados.
· A relación provisional de persoas admitidas e excluídas para a realización da proba publicarase o día 25 de abril.
· As probas de acceso terán lugar o día 22 de maio de 2007, no seguinte horario:
o Ás 9.00 horas: Presentación.
o Das 10:00 ás 12:00 horas: área lingüística (Galego, Castelá e Lingua estranxeira)
o Das 12:30 ás 14:30 horas: área de Matemáticas.
o A partir das 16:30: materias específicas da opción vinculada ao ciclo formativo.
· Os resultados das cualificacións provisionais publicaranse o día 28 de maio.
- A solicitude de inscrición presentarase por duplicado na secretaría de calquera dos IES onde se impartan ensinanzas de formación profesional específica.