O NOSO INSTITUTO

 

 

 

Descripción do instituto

O noso instituto está en A Pastoriza. É un centro normal con 105 alumnos/as. Ten dous andares con trece aulas, unha cafetería, un laboratorio, dúas oficinas administrativas, nove despachos, dous baños para homes e dous para mulleres.

Plano do instituto

No primeiro andar temos:

- Á dereita do corredor están o despacho da directora, o do xefe de estudos, o gabinete da orientadora, a aula de Garantía Social, a aula de Música, a sala de profesores/as, o laboratorio e a aula de Tecnología.
- Á esquerda do corredor están a Secretaría, o despacho do secretario, as escaleiras, o baño dos rapaces, a biblioteca, o baño das rapazas, o baño dos profesores, o das profesoras, outras escaleiras, o cuarto do conserxe e a cafetería.

No segundo andar temos:

- Á dereita do corredor, oito aulas.
- Á esquerda do corredor, o departamento de Xeografía e Historia, o de Ciencias e Matemáticas, a aula de PDC (Proxecto de Diversificación Curricular), as escaleiras, o baño dos rapaces, a aula de Plástica, o departamento de Lingua Galega, o de Inglés e Francés, outra aula de PDC e o departamento de Lingua Castelá.

 

Temos vinteún profesoras e profesores que ensinan:

- Elena e Inés, inglés.
- Mary Luz e Fina, xeografía e historia.
- Mary Luz e Ana Osorio, lingua española eliteratura.
- María José e Belén, lingua galega eliteratura.
- Tino ensina música.
- Demetrio e Elia, tecnoloxía.
- Luisa ensina francés.
- Elia ensina ciencias.
- Beatriz ensina física equímica.
- Ana Bueno ensina bioloxía e xeoloxía.
- Ana Isabel e Begoña, matemáticas.
- Jorge ensina Educación Física.
- Ángeles ensina relixión.
- Trifina ensina na aula de P.D.C. (Programa de Diversificación Curricular)
- Matilde ensina plástica.

 
No noso instituto hai dúas mulleres da limpeza: Esther e Puri, e un conserxe: Manuel.

O IES Fonmiñá e máis cativo que outros centros porque hai poucos alumnos/as, aproximadamente 105. O edificio non é moi grande pero ten as dotacións que debe ter. Ten unha biblioteca, un gimnasio, un comedor e catro aulas especiais.


O noso instituto ten dúas aulas para cada curso e un gran polideportivo para xogar nos recreos.
Aquí, facemos tamén moitas actividades extraescolares que son moi divertidas: excursións, festivais, etc.
Gústanos moito o noso instituto, xa que está moi ben e os alumnos e alumnas son moi riquiños. O IES Fonmiñá é o mellor instituto do mundo!!! Viva o IES Fonmiñá!!!!!

 
Perfil das clases
 
Opinión da xente sobre o instituto

- Opinión de Matheusz, un rapazpolaco:
"O voso instituo está moi ben. Os profesores son moi bos, e a xente moi simpática. Non teño problema aquí. Estou moi contento coa miña visita a esta parte de España. Encántame o voso instituto!!!"

 

- Opinión de Joao Pedro, un rapaz portugués:
"Penso que esta parte de España ten unhas paisaxes preciosas e a xente desta escola debería consideralas coma un regalo. O instituto está moi ben, unha miguiña pequeño pero gusto moito del. Os profesores e os alumnos/as pórtanse xenial connosco."

 

- Opinión de Susana, unha rapaza portuguesa:
"Para min, o voso instituto é o mellor de España... Todo o mundo é xenial e gustaríame volver ver de novo aos profes e alumnos/as.
Os nosos países son “irmáns” e gústanme ter os españois como irmáns e irmás. Espero voltar, en serio."

Ver Cuestionario "O Noso Instituto"
 
VOLVER Ó MENÚ PRINCIPAL