
IES
"Francisco Aguiar"
PREMIOS E ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES - CURSO 2002 - 2003
PREMIOS
- 27-Marzo: Participación dos cursos 4ºB e 4ºC da ESO no Rallye Matemático
2003, no que o grupo de 4ºC obtivo o 2º Premio.
- 29-Abril: Participación dun equipo de 10 alumnos/as no
2º Torneo de Xadrez do IES As
Ínsuas de Muros. Organizado polo profesor
Óscar García
Ramos. Resultaron o equipo gañador e obtiveron a maioría dos trofeos
individuais.
- 13-Maio: Recollida na Facultade de Matemáticas de Santiago do 2º Premio
no Rallye Matemático 2003 polo grupo 4º C da ESO. Visita á Catedral e á cidade.
- 31-Maio: A alumna de 4º ESO Sandra Mosquera Paredes recolleu o 2º Premio
obtido no Certame de Contos convocado por ASPAMITE (Asociación de Padres de
Minusválidos de Teo).
- Xuño: O Instituto "Francisco Aguiar" obten o 94% de aprobados nas Probas
de Acceso á Universidade (Selectividade), superando en 10 puntos a media
galega. NORABOA Ó ALUMNADO E ÁS SÚAS FAMILIAS!
- Xuño: A alumna de 2º de Bacharelato Cristina Carro Otero obtivo o Premio
"Protagonistas del mañana" convocado polo Rotary Club. O acto de entrega do
Premio tivo lugar o 27 de xuño no Liceo de Betanzos.
- Xuño: Os alumnos de 4º de ESO Pedro Varela, Manuel A. Vidal, Ángel Navedo
e Daniel Seijo, baixo a dirección da profesora Teresa Cruz, resultaron
finalistas na 2ª edición da "Olimpiada de la Innovación Juvenil" patrocinada
pola Obra Social "Caja Madrid".
ACTIVIDADES
PRIMEIRO TRIMESTRE:
- 10-Outubro: Teatro de Títeres na Aula Municipal de Cultura polo grupo
"La Gotera de la Azotea", representando a obra: "Farsa 3
concertante" (baseada na fábula segunda de Juan Benet). Para os alumnos/as
de 4º de ESO. Patrocinado polo Concello de Betanzos.
- 28-Outubro: Charla de Antonio Cotos sobre " O ecosistema do Mandeo".
Para alumnos/as de 4º de ESO e 2º de BAC de CC. Medioambientais.
- 29-31-Outubro: Promoción da Danza. Para todos os alumnos/as de 1º e 2º de
ESO. Polo Taller de Danza de Betanzos. Patrocinado polo Concello de Betanzos.
- 30-Outubro: Charla sobre Doazóns de Sangue para os alumnos/as de 2º de
BAC e Ciclo Superior de Comercio e Marketing. Polo centro de Transfusións de
Galicia.
- 7-Novembro: Asistencia ó ensaio da Orquesta Sinfónica de Galicia dos
alumnos/as de música de 1º e 2º de Bacharelato. Celebrouse no Palacio da Opera
da Coruña e organizado polo Departamento de Música.
- 13-Novembro: Asistencia ó concerto "Percumanía", no teatro
Rosalía de Castro, dos alumnos/as de 2º C+D de ESO. Organizado polo
Departamento de Música.
- 26-Novembro: Charla do Premio Literario "Coca-Cola" para os
alumnos/as de 2º de ESO.Organizado polo departamento de Lingua e Literatura
Castelá.
- 29-Novembro: Presentación da campaña "Galicia innovación junior
2003" ós alumnos de 1º e 2º de BAC. Charla e entrega de
documentación.
- 12-Decembro: Charla-coloquio sobre a "Amazonia" para alumnos/as
de 2º de ESO dada por Javier Ares "Japy".
- 19-Decembro: Asistencia dos alumnos/as de 1º de BAC na aula de Cultura do
concello á obra de teatro "Para ser Exactos" do dúo "Mofa e
Befa". Patrocinada polo Concello de Betanzos.
- 20-Decembro: Celebración dos Actos de Nadal :
- Actividades deportivas celebradas no Polideportivo do
Instituto e organizadas polo Departamento de Educación Física: Encontros
de Fútbol Sala para alumnos/as de 1º de ESO, Partidos de Voleibol para
alumnos/as de 2º de ESO, Partidos de Balommán Masculino e Feminino para
alumnos/as de 3º-4º de ESO e de Bacharelato.
- Actuación no salón de Actos do Instituto do grupo de
teatro do IES Francisco Aguiar, formado por alumnos/as de 1º-2º e 3º de
ESO e dirixidos polo profesor Constantino Chao Mata, que puxeron en escena a
obra "Contos dos que van para a feira"
- Concentración nas pistas deportivas exteriores
do Instituto da Comunidade Educativa do IES Francisco Aguiar, para protestar
pola crise que estamos sufrindo na nosa terra, debido á marea negra que enche de chapapote as nosas costas.
- Actuación da Banda Municipal de Música de Betanzos,
interpretando diversos temas propios do Nadal.
SEGUNDO TRIMESTRE:
- 13-Xaneiro: Charla dun técnico da Consellería de Medio Ambiente sobre
"Organismos Modificados Xenéticamente". Para alumnos/as de 2º de
BAC.
- 14-Xaneiro: Charla dos doctores Asensi e Eloy : "Preguntas e respostas
sobre a SIDA", para alumnos/as de 4º de ESO e 1º de BAC. Patrocinada
polo Colexio de Médicos da Provincia da Coruña.
- 16-Xaneiro: Asistencia de alumnos/as de música de 1º e 2º de BAC ó
ensaio da Orquesta Sinfónica de Galicia no Palacio da Opera da Coruña.
- 17-Xaneiro: Visita dos alumnos/as de 1º A de ESO ó Centro Internacional
da Estampa Contemporánea, na Casa Núñez de Betanzos, para a aprendizaxe e
realización da técnica de gravado.
- 21-Xaneiro: Visita dos alumnos/as de 1º B de ESO ó Centro Internacional
da Estampa Contemporánea, na Casa Núñez de Betanzos, para a aprendizaxe e
realización da técnica de gravado.
- 21-Xaneiro: Visita dos alumnos/as de 1º D de ESO ó Centro Internacional
da Estampa Contemporánea, na Casa Núñez de Betanzos, para a aprendizaxe e
realización da técnica de gravado.
- 22-Xaneiro: Participación na "Cadea Humana do Ensino" entre
Muxía e Laxe de 100 alumnos/as e 9 profesores do centro.
- 24-Xaneiro: Visita dos alumnos/as de 1º C de ESO ó Centro Internacional
da Estampa Contemporánea, na Casa Núñez de Betanzos, para a aprendizaxe e
realización da técnica de gravado.
- 24-Xaneiro: Visita dos alumnos/as do Ciclo Superior de Xestión Comercial
e Marketing á Zona Franca de Vigo e ás instalacións portuarias.
- 30-Xaneiro: Charla para os alumnos/as de 2º BAC da Escola de Negocios
Caixanova.
- 31-Xaneiro: Visita dos alumnos/as de 1º D de ESO ó Centro Internacional
da Estampa Contemporánea, na Casa Núñez de Betanzos, para a aprendizaxe e
realización da técnica de gravado.
- 13-Febreiro: Asistencia o ensaio da Orquestra Sinfónica de Galicia dos
alumnos/as de 3º C+D da ESO, no Palacio da Opera da Coruña. Organizado
polo Departamento de Música.
- 13-Febreiro: Participación de 50 alumnos/as de Ciencias Medioambientais
de 4º da ESO no programa "Conocer Coruña" da Deputación
Provincial. Visitando "Domus, Acuario e Casa das Ciencias" e
patrocinado polo Concello de Betanzos.
- 26-Febreiro: Asistencia o ensaio da Orquestra Sinfónica de Galicia dos
alumnos/as de 3º E+F+G da ESO, no Palacio da Opera da Coruña. Organizado
polo Departamento de Música.
- 26-Febreiro: Charla para os alumnos/as de 2º de BAC sobre a oferta
educativa da Universidade de Santiago de Compostela.
- 28-Febreiro: Actividades de Antroido:
- Partido de Fútbol Sala entre equipos do IES Francisco Aguiar e IES As Mariñas no polideportivo do IES As Mariñas.
- Partidos de Baloncesto Feminino, Balonmán Feminino e Fútbol Sala
masculino, con xogadores/as da ESO e de BAC no polideportivo do instituto.
- Concurso de comparsas de antroido no Salón de Actos do Instituto.
- 14-Marzo: Charla sobre "Publicidade" para os alumnos/as do Ciclo
Superior de Comercio e Marketing, dada por: Enrique Alarcón.
- 14-Marzo: Asistencia dos alumnos/as de Grego á representación teatral da
obra "Antígona". Organizado pola profesora Ana Respino Souto.
- 20-Marzo: Visita dos alumnos/as do Ciclo Superior de Comercio e Marketing
ós "Encontros de Coruña Comercio" no Pazo de Congresos da
Coruña.
- 28-Marzo: Visita a "Gadisa" dos alumnos/as do Ciclo Superior de
Comercio e Márketing.
- 29-Marzo: Participación de oito alumnos/as de 2º da ESO no Concurso
Nacional de Redacción Coca-Cola.
- 31-Marzo: Visita ó "Museo das Mariñas" dos alumnos/as de 2º
da ESO. Organizado pola profesora Carmen Laíño Lorenzo.
TERCEIRO TRIMESTRE:
- 1-Abril: Excursión dos alumnos/as de Ciencias Medioambientais e Historia
de 2º BAC ó Parque Natural das Dunas de Corrubedo e ó Castro de Baroña.
Organizado polas profesoras Teresa Cruz e Pilar López.
- 8-11 Abril: Viaxe cultural ó Festival de Teatro de Almagro de alumnos/as
de 4º de ESO, organizado pola profesora Margarita Fernández Iglesias do
Departamento de Lingua Castelá e Literatura.
- 25-Abril: Asistencia de alumnos/as de 1º de BAC ó Festival Musical
Intercentros, organizado polo Equipo de Normalización Linguística.
- 29-Abril: Visita dos alumnos/as de Ciencias Medioambientais de 4º da ESO
ó Parque Natural das Fragas do Eume-Caaveiro, organizado polo Departamento
de Ciencias Naturais.
- 30-Abril: Charla para alumnos/as de 4º da ESO e 1º de BAC : "Taller
para adolescentes". Impartida polo Psicoterapeuta Rubén Bild e polo
Psicólogo Iván Gómez.
- 30-Abril: Participación dun grupo de alumnos/as de 1º de BAC na
elaboración de "microguións contra as drogas" para emitir na
radio local. Organizado polo coordinador do plan local de drogodependencias.
- 8-Maio: Participación na carreira "Correlingua" (da Torre de
Hércules ó Porto da Coruña) dun grupo de alumnos/as de ESO e BAC.
Organizado polo equipo de Normalización Linguística.
- 14-Maio: Visita dos alumnos de 4º da ESO de Ciencias Medioambientais á
Exposición "Esquencidos por Noe" no Edificio Liceo. Patrocinada
polo Concello de Betanzos e Caixa Galicia.
- 16-Maio: Celebración das Letras Galegas con competicións deportivas,
representacións teatrais, etc.
- Semana do 12 ó 16 de Maio:
- Colaboración artística do Instituto Francisco Aguiar co Centro
Internacional de Estampa Contemporánea ( CIEC ) a fin de elaborar unha
carpeta con poemas e gravados inspirados na obra de Avilés de Taramancos.
Exposición dos traballos.
- Celebración do Día escolar das Matemáticas coa elaboración dunha
"Rosa dos Ventos", unha exposición de poliedros, elaboración de
xogos matemáticos e Bingo Matemático.
- 22-Maio: Acto de Clausura do Curso para alumnos/as de 2º de BAC e Ciclo
Superior de Xestión Comercial e Márketing.
- 26-Maio: Charlas do escritor Xesús Fraga para alummos/as de galego de 4º
da ESO. Organizadas pola profesora Concha Delgado Corral.
- 29-Maio: Representación teatral: "As obras completas de Will
Shakespeare" por "Produccións Librescena", patrocinada
polo concello de Betanzos. Para alumnos/as de 2º da ESO.
- 30-Maio: Charlas de prevención de drogodependencias para alumnos/as de
4º da ESO impartidas por Juan C. Prados Moreno (Coordinador do Plan Local
de Drogodependencias do Concello de Betanzos)
- 9-Xuño: Exposición dos traballos realizados polos alumnos/as da
asignatura de Fogar. Organizada pola profesora Carmen Souto.
- 10-Xuño: Participación dos alumnos: África López Allegue e Daniel
González Saavedra no xurado do premio "Merlin"de literatura
xuvenil da editorial Xerais. Coordinados pola profesora Concepción Delgado
Corral.
- 11-Xuño: Participación dos alumnos/as de 4º B da ESO no concurso
"Cartas ó Mar" de La Voz de la Escuela. Coordinados pola
profesora Beni Vidal Tomé.

