IES
"Francisco Aguiar"
PREMIOS E ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES - CURSO 2003 -
2004
PREMIOS
-
Este
sitio web foi premiado cun Accésit na categoría de deseño de contidos de páxinas web de
centros educativos no I CONCURSO DE PREMIOS SIEGA convocado pola Consellería
de Educación da Xunta de Galicia no ano 2003. O premio foi recollido en
Santiago o 13 de febreiro de 2004 polo coordinador do equipo de elaboración e
mantenemento do sitio web o profesor do
Instituto Pedro L. Rodríguez Porca, equipo do que forman parte ademáis os
profesores Carmen Ares, Carlos Castellanos, Xosé Manuel Montero e José Antonio
Varela.
Ver foto
- Un equipo de alumnos do Instituto "Francisco Aguiar" proclamouse
campión provincial no Concurso Escolar O.N.C.E. "ÁNIMO,
CAMPEONES". Este concurso ten por finalidade crear a mascota do equipo
paralímpico que participará en Atenas 2004. O equipo do Instituto
"francisco Aguiar", que participou na categoría correspondente ó
alumnado de terceiro e cuarto de ESO, está composto polos alumnos Eva
Cordal Lagares, Laura Peteiro Mahía, Mónica Corral Zas, Monserrat
Fernández Grandal e Néstor Domínguez Varela, baixo a dirección do
profesor José Manuel Rey Bao.
Ver foto
- A alumna Raquel Vázquez Díaz, de 2º de ESO-F, obtivo o
primeiro posto na Fase de Zona da
VI Olimpíada Matemática Galega de 2º de ESO, organizada por AGAPEMA e
ENCIGA, que se desenvolveu o pasado 30 de abril e na que participaron 368
alumnos. O equipo de alumnos que presentou este Instituto completábase coa súa
compañeira Sabela Caamaño Pérez e estivo entrenado pola profesora Ana Ruíz. A
Fase Final Galega celebrarase o 21 de maio en Oleiros.
Ver foto.
- Premio "Protagonistas del mañana" do Rotary Club de Betanzos. As
alumnas de 2º de Bacharelato deste centro Lidia Sánchez Edreira e
Thais Sánchez Rilo obtiveron este premio convocado polo dito club como
recoñecemento a aqueles xoves que destacan especialmente polas súas cualidades
humanas e académicas. A entrega dos premios celebrouse o día 2 de xullo na
Sala Capitular do Concello de Betanzos nun acto presidido polo Alcalde da
cidade e que contou tamén coa presencia dos alcaldes de Bergondo e Paderne.
Nas diferentes intervencións púxose de manifesto os méritos das premiadas, así
como tamén a calidade do labor formativo que se vén realizando desde o
Instituto "Francisco Aguiar".
Ver foto.
ACTIVIDADES
PRIMEIRO TRIMESTRE:
- 6-Outubro-2003: Asistencia do alumnado de 1º de BAC na Aula de
Cultura á obra "La Vida es Sueño", programada dentro do
festival de Títeres organizado polo Concello de Betanzos.
- 7-Outubro-2003: Entrega ó alumnado da ESO dos cuadernillos do Plan de
Prevención de Drogodependencias que se vai a realizar ó longo de todo o
curso académico en colaboración có Concello de Betanzos.
- 15-Outubro-2003: Charla para o alumnado de 2º BAC e Ciclo superior de
Comercio e Marketing da Escola de Negocios Caixanova.
- 23-Outubro-2003: Charla para o alumnado de 2º de BAC e Ciclos da Unidade de Donantes de Sangre, previa ás donacións voluntarias.
- 29-Outubro-2003: Asistencia do alumnado de 4ºC da ESO e de 1º E de
BAC a unha lectura de Poesía Galega na Aula de Cultura do Concello de
Betanzos. Organizado polo Departamento de Galego. Patrocinada pola Fundación Comarcal.
- 30-Outubro-2003: Charla sobre "Taller de Prensa" para os alumnos
de 2º da ESO.
- 5-Novembro-2003: Presentación ós alumnos/as de 2º da Eso do Concurso
Literario Coca-Cola.
- 6-Novembro-2003: Asistencia ó ensaio da Orquestra Sinfónica de Galicia
dos alumnos/as de música de 1º de BAC.
- 6-Novembro-2003: Charla do Consorcio "Euroeume" para alumnos dos
Ciclos Superiores de Turismo e Márketing.
- 7-Novembro-2003: Visita turística a Betanzos organizada polo Ciclo
Superior de Información e Comercialización Turísticas.
- 13-Novembro-2003: Comenzo da actividade de Xadrez os xoves pola tarde,
dirixida polo profesor Oscar García Ramos.
- 14-Novembro-2003: Asistencia ó ensaio da Orquestra Sinfónica de Galicia
dos alumnos/as de música de 3º da ESO.
- 24-Novembro-2003: Asistencia dos alumnos/as de 1º da ESO na Aula de
Cultura do Concello de Betanzos á proxección da película "Mr
Deeds", primeira do plan "Cinensino" de prevención de
drogodependencias. Patrocinado polo Concello de Betanzos.
- 28-Novembro-2003: Gravación por parte da TVG nos cursos de 1º da ESO dun
documental sobre o programa de prevención de drogras "Cinensino".
- 12-Decembro-2003: Asistencia dos alumnos/as de 3º da ESO á obra de
teatro de títeres: " Santiago: Historia dunha viaxe" polo grupo
Cachirulo. Patrocinado polo Concello de Betanzos.
- 15-Decembro-2003: Visita turística de aprendizaxe á cidade da Coruña
polo ciclo superior de Información e Comercialización Turísticas.
- 15-Decembro-2003: Charla e coloquio posterior para os alumnos/as de 1º e
2º de BAC de celebración do 25 Aniversario da Constitución Española. Por
Antolín Sánchez Presedo.
- 16-Decembro-2003: Visita dos alumnos/as de 4º C, D da ESO ó Museo do
Castro en Sada. Organizado pola profesora Mª Jesús Amado Silvar.
- 17-Decembro-2003: Visita turística de aprendizaxe á cidade de Ferrol
polo ciclo superior de Información e Comercialización Turísticas.
- 17-Decembro-2003: Asistencia dos alumnos/as de 1º da ESO á actuación do
Mago Romarís na praza dos Irmáns García Naveira. Patrocinado polo
Concello de Betanzos.
- 18-Decembro-2003: Visita dos alumnos/as de Arte de 2º de BAC á
exposición de pintura da Fundación Barrié é ao Museo de Bellas Artes da
Coruña. Organizado pola profesora Lucía Sáez Baquedano.
- 18-Decembro-2003: Asistencia dos alumnos/as de 2º da ESO á obra de
Teatro: " Monólogos Navideños", no salón de actos do instituto.
Representada polo grupo de teatro do IES Francisco Aguiar.
- 18-Decembro-2003: Visita dos alumnos/as do Ciclo Superior de Información
e Comercialización Turísticas ó Palacio de Congresos da Coruña para coñecer as instalacións e funcionamento do mesmo.
- 19-Decembro-2003: Actividades de Final de Trimestre: Finales de Fútbol
Sala do campeonato celebrado en 2º da ESO. Representación por parte do
grupo de Teatro do IES Francisco Aguiar da obra: "Algo para contar en
Navidad". Actuación da Banda Municipal de Música de Betanzos.
- 19-Decembro-2003: Representación por parte do Grupo de Teatro do IES
Francisco Aguiar na Aula de Cultura do Concello de Betanzos das obras:
"Monólogos Navideños" e "Algo para contar en
Navidad", dirixido polo profesor Constantino Chao Mata.
SEGUNDO TRIMESTRE:
- 15-Xaneiro-2004: Asistencia dos alumnos/as de 2º da ESO ó ensaio da
Orquestra Sinfónica de Galicia no Palacio da Ópera da Coruña. Organizado
polo Departamento de Música.
- 26-Xaneiro-2004: Charla para os alumnos de BAC da Escola de Hostelería de
Santiago.
- 26-Xaneiro-2004: Charla sobre as Misiones no Sudán. Organizada polo
Departamento de Relixión en colaboración con Manos Unidas.
- Charlas na última semana de xaneiro e primeira de febreiro nos cursos de
3º e 4º da ESO do escritor Xesús Fraga. Organizadas polo Departamento de
Galego.
- 4-Febreiro-2004: Comezo das charlas de prevención de drogodependencias
para 4º da ESO polo coordinador do Plan de prevención de drogodependencias
do Concello de Betanzos : Juan C. Prados Moreno.
- 9-Febreiro-2004: Información para os alumnos/as de 2º de BAC da oferta
educativa da Universidade de Santiago de Compostela.
- 9-Febreiro-2004: Asistencia dos alumnos/as de 1º da ESO a un curso
práctico de gravado no Centro Internacional da Estampa Contemporánea.
- 10-Febreiro-2004: Charla para os alumnos/as do Ciclo de Información e
Comercialización Turísticas do Xerente da Fundación Comarcal de Betanzos
D. Luis Fernández Osorio.
- 17-Febreiro-2004: Visita dos alumnos/as de 4º da ESO de Ciencias
Medioambientais á Depuradora de Augas Residuais de Betanzos. Organizado
pola profesora Teresa Cruz Cruz.
- 17-Febreiro-2004: Visita dos alumnos/as do Ciclo de Información e
Comercialización Turísticas ó Palacio de María Pita do Concello de A
Coruña.
- Do 19-Febreiro ó 4 de Marzo: Recepción dos alumnas/as do Liceo Adam
Mickiewicz de Cracovia (Polonia) que realizan un intercambio con alumnos/as
do noso centro e que levarán a cabo un amplio programa de visitas e
actividades ó longo destes días.
Máis información.
- 20-Febreiro-2004: Actividades de Entroido:
- Representación por parte do grupo de Teatro do Instituto dirixido polo
profesor Constantino Chao Mata das obras : "O Rey Namorado",
"Monólogos"
- Torneo de Fútbol sala para os alumnos/as de 1º e 2º da ESO no
polideportivo do Instituto organizado pola profesora Delia Vázquez Cadahía.
- 26-Febreiro-2004: Asistencia dos alumnos/as de música de 2º de BAC e dos
de 3º C da ESO ó ensaio da Orquestra Sinfónica de Galicia no Palacio da
Ópera de A Coruña.
- 27-Febreiro-2004: 20.30h.Representación na Aula Municipal de Cultura do
Concello de Betanzos por parte do grupo de Teatro do IES Francisco Aguiar
das Obras: " O Rei Namorado " , " Monólogos ".
Dirixidos polo profesor Constantino Chao Mata.
- 1-Marzo-2004: Durante todo o mes na Sala de Usos Múltiples do primeiro
ciclo: "Exposición de reproduccións de maestros do Impresionismo Francés". Organizada polos Departamentos de
Francés e o Equipo de Normalización Linguística.
- 2-Marzo-2004: Asistencia de alumnos/as de 2º da ESO ó concerto "Percumanía"
no teatro Rosalía de Castro de A Coruña. Organizado polo departamento de
Música.
- 5-Marzo-2004: Charla para os ciclos de Información e Comercialización
Turísticas e Comercio e Marketing sobre publicidade.
- 10-Marzo-2004:Charla para o ciclo de Información e Comercialización
Turistica de Eva Fernández, responsable de Eume Turismo.
- 17-Marzo-2004: Asistencia dos alumnos/as de 1º da ESO á proxección da
película "Evelyn" na Aula de Cultura de Betanzos, dentro do plan
"Cinensino" de prevención de drogodependencias.
- 26-Marzo-2004: Asistencia dos alumnos/as de 2º de BAC ás xornadas de
explicación de ingreso á Universidade, na Aula de Cultura de Betanzos.
Organizadas pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
- 27-Marzo-2004: Participación no Concurso Literario "Coca-Cola"
de 12 alumnos/as de 2º da ESO.
- 29-Marzo-2004: Charlas para os alumnos/as de 1º e 2º da ESO nas clases
de Educación Física sobre Piraguismo. Coa colaboración do Clube de
Piraguismo de Betanzos.
- 29-Marzo-2004: Celebración durante toda a semán dun torneo interno de
Balonmán Masculino e Feminino en 4º da ESO.Organizado polo Departamento de
Educación Física.
- 30-Marzo-2004: Visita a Lugo do Ciclo de Información e Comercialización
Turísticas.
- 30-Marzo-2004: Participación no Rallye Matemático 2004 dos cursos 4º A
, B , E da ESO. Organizado polo Departamento de Matemáticas.
- 31-Marzo-2004: Visita a Santiago de Compostela do Ciclo de Información e
Comercialización Turísticas.
- 1-Abril-2004: Visita a Pontevedra do Ciclo de Información e
Comercialización Turísticas.
- 1-Abril-2004: Exposición do Taller de Literatura do Século XX elaborada
polos alumnos/as de Literatura Galega de 2º de BAC. Organizada polo
Departamento de Galego.
TERCEIRO TRIMESTRE:
- 15-Abril-2004: Charla para o ciclo superior de Información e
Comercialización Turísticas sobre os centros de Desarrollo Comarcal de
Galicia.
- 19-Abril-2004: Información para os alumnos de 2º de BAC, sobre a
Carreira de Inxeneiro de Telecomunicacións.
- 26-Abril-2004: Curso de Escaparatismo para os alumnos/as do Ciclo Superior
de Comercio e Marketing impartido pola experta en formáción Carmen
Abeijón.
- 26-Abril-2004: Información para os alumnos/as de 2º de BAC sobre os
Ciclos Superiores que se imparten no noso Instituto.
- 28-Abril-2004: Información para o alumnado da "Marcha Mundial de
Mulleres"a celebrar o vindeiro mes de Maio en Vigo. Dada por Pura
Ferreño.
- 30-Abril-2004: Participación na Olimpiada Matemática de 2º da ESO das
alumnas: Sabela Caamaño Pérez e Raquel Vázquez Díaz, dirixidas pola
profesora Ana Ruíz Soto.
- 30-Abril-2004: Elaboración do xornal do IES Francisco Aguiar: "Papeis
Morea" do ano 2004. Coordinado polo profesor Constantino Chao Mata.
- 30-Abril-2004: Exposición dos traballos de alumnos/as de 3º da ESO de:
"Poetas Postmodernos". Organizada polo Departamento de Galego.
- 30-Abril-2004: Exposición de Fotografías da viaxe a Cracovia ( Polonia
). Coordinada polos profesores: Mª Jesús Suárez, Amparo Mejuto
e Sebastián Buedo.
- 3-Maio-2004: Participación dos alumnos/as de 2º F da ESO na campaña
" Clases sen Fume ", dirixidos polo profesor Carlos Castellanos.
- 4-Maio-2004: Visita as "Fragas do Eume" dos alumnos/as de 4º da
ESO de Ciencias Medioambientais. Organizado polo Departamento de Ciencias
Naturais.
- 6-Maio-2004: Exposición dos alumnos/as de 3º B da ESO dun
"Taller de Poesía en Galego". Dirixido pola profesora Concha
Delgado Corral.
- 6-7-8-Maio-2004: Peregrinación a Santiago de Compostela de alumnos/as de
4º da ESO, acompañados polos profesores Constantino Chao e Concha
Paz.
- 11-Maio-2004: Realización por parte dos alumnos/as de 1º E de BAC dunha
actividade de Economía en colaboración con Mauel Rivera da fundación
comarcal de Ferrol. Dirixida polo profesor Juan Centeno.
- 13-Maio-2004: Simultáneas de Xadrez realizadas polo mestre Tomás Corona
García con participación de alumnos/as de ESO e de BAC. Dirixidas polo
profesor Oscar García Ramos. Entrega de premios da liga interna de Xadrez.
- 14-Maio-2004: Lectura de textos do homenaxeado no día das Letras Galegas,
por parte dos alumnos/as de 2º C da ESO no salón de actos de Caixa
Galicia.
- 14-Maio-2004: Finais da Liga Interna de Balonmán Masculino e Feminino
para alumnos/as de ESO e de BAC. Organizadas polo Departamento de Educación
Física.
- 14-Maio-2004: Representación de Guiñol por parte dos alumnos/as do
Obradoiro de comunicación Oral de 1º B da ESO, da obra "O cura
de Cucuñán" de Alphonse Daudet. Dirixidos pola profesora Carmen
Laíño.
- 18-Maio-2004: Representación na Aula de Cultura de Betanzos da obra:
"Cousas que pasan" de Migallás Teatro, para alumnos/as de 2º da
ESO. Patrocinado polo Concello de Betanzos.
- 18-Maio-2004: Charla sobre o "Camiño de Santiago" para alumnos
de 4º da ESO impartida polo profesor Constantino Chao Mata.
- 21-Maio-2004: Realización de gravados por parte de alumnos/as de 1º de
BAC con temas do homenaxeado no día das Letras Galegas. Patrocinado polo
Concello de Betanzos coa dirección da profesora Anne Heyvaert do Centro
Internacional da Estampa Contemporánea e coa colaboración do Departamento
de Galego.
- 21-Maio-2004: Acto de entrega de diplomas os alumnos/as de 2º de BAC e
ciclos superiores da promoción de 2004.
- 27-Maio-2004: Charla de Javier Ares "Japy" sobre os seus viaxes
para alumnos/as de 1º da ESO.
- 3-Xuño-2004: Representación teatral do Grupo de Teatro do IES Francisco
Aguiar para alumnos/as de 2º da ESO.
- 7-Xuño-2004: Proxección na Aula de Cultura do Concello de Betanzos da
película: "Como Dios", dentro do ciclo Cinensino para prevención
de drogodependencias para alumnos/as de 1º da ESO.
- 8-9-10-Xuño-2004: Viaxe a Madrid de alumos/as de Música da ESO e de BAC,
para asistir a gravación dun programa de TV, visitas culturais e asistencia
o espectáculo musical "O Fantasma da Ópera". Organizado polo
Departamento de Música.
- 3-Xuño-2004: Representación teatral do Grupo de Teatro do IES Francisco
Aguiar para alumnos/as de 1º da ESO.
- 14-18-Xuño-2004: Exposición de Traballos realizados polos alumnos/as da
asignatura de Fogar. Organizada pola profesora Carmen Souto.
- 18-Xuño-2004: Representación teatral do Grupo de Teatro do IES Francisco
Aguiar na Residencia de Ancianos de Betanzos. Dirixidos polo profesor
Constantino Chao.