
IES
"Francisco Aguiar"
PREMIOS E ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES - CURSO 2004 -
2005
PREMIOS
- Abril 2005. A alumna de 1ºD de Bacharelato, Lúa Mosquera Tenreiro,
obtivo un Accésit en narrativa do Premio Minerva convocado polo colexio M.
Peleteiro de Santiago. Ver
foto.
ACTIVIDADES
PRIMEIRO TRIMESTRE:
- 7-Outubro-2004: Asistencia dos alumnos/as de 1º de BAC á representación
de marionetas polo grupo "Anima Sonho" dentro do festival de
monicrecres organizado polo Concello de Betanzos.
- 8-Outubro-2004: Inscripción do curso 1º B da ESO no concurso:
"Clases sen Fume" organizado pola Xunta de Galicia.
- 13-Outubro-2004: Inscripción do noso centro no "45 Concurso Nacional
de Redacción", organizado pola empresa Coca-Cola.Participarán dous
alumnos/as seleccionados de cada curso de 2º da ESO.
- 20-Outubro-2004: Asistencia dos alumnos/as de 1º da ESO á primeira
proxección da película do ciclo "cinensino" de prevención de
drogodependencias. Patrocinada polo Concello de Betanzos.
- 21-Outubro-2004: Charlas para os alumnos/as de 2º de BAC e Ciclos
superiores de Turismo e Marketing para fomentar a doazón de sangue entre os
xóvenes. Patrocinadas polo centro de Transfusión de Galicia.
- 5-Novembro-2004: Actuación do grupo de teatro do Instituto na aula
Municipal de Cultura de Betanzos interpretando : " Monólogos de Outono".
Dirixidos polo profesor Constantino Chao Mata.
- 15-Novembro-2004: Charlas sobre sexualidade para os alumnos/as de 3º da
ESO. Patrocinadas polo Concello de Betanzos.
- 15-Novembro-2004: Charla para os alumnos/as do Ciclo Superior de
Información e Comercialización Turísticas sobre o "Plan de
Dinamización Turística de Betanzos", impartida por D. Luis Osorio,
xerente da Fundación Comarcal de Betanzos.
- 15-Decembro-2004: Charlas sobre prevención de drogas para os alumnos/as
de 1º da ESO. Patrocinadas polo Concello de Betanzos.
- 16-Decembro-2004: Asistencia dos alumnos/as de 3º da ESO a o Ensaio da
Orquestra Sinfónica de Galicia no Palacio da Ópera da Coruña. Organizado
polo Departamento de Música.
- 17-Decembro-2004: Charla da Poetisa e antigua alumna do IES Francisco
Aguiar : Emma Couceiro. Sobre a "Xeneración de poetas Galegos dos
90".Para alumnos/as de BAC.Patrocinada polo Concello de Betanzos.
- 20-Decembro-2004: Charla para os alumnos/asde 2º da ESO sobre o Concurso
Literario "Coca Cola".
- 21-Decembro-2004: Charla para os alumnos de 2º de BAC sobre a Escola de
Hostelería de Galicia.
- 21-Decembro-2004: Visita dos alumnos/as do Ciclo S. de Comercialización e
Información Turísticas ó Museo das Mariñas e asistencia a unha
charla-coloquio na Oficina de Turismo
Municipal de Betanzos.
- 22-Decembro-2004: Charla para os alumnos/as do C.S. de Información e
Comercialización Turística da Presidenta da Asociación Profesional de
Informadores Turísticos de Galicia: "La profesión del Guía Turístico local en
Galicia".
- 22-Decembro-2004: Participación de dous alumnos de 2º da ESO no
concurso: "Que es para tí un Rey".
- 22-Decembro-2004: Actividades de NADAL:
- Representación da Obra:"Cantiga de Nadal", por parte do grupo
de Teatro do IES Francisco Aguiar. Dirixidos polo profesor Constantino Chao.
- Simultáneas de Xadrez levadas a cabo polo equipo do instituto, que dirixe
o profesor Oscar García Ramos.
- Partidos de Balommán Masculino e Feminino entre os equipos do Instituto
que dirixe o profesor Raimundo Fernández e seleccións de BAC. Organizado
polo Departamento de Educación Física.
- Concerto de Nadal da Banda Municipal de Música de Betanzos.
SEGUNDO TRIMESTRE:
- 14-Xaneiro-2005: Asistencia dos alumnos/as de 4º da ESO a obra de teatro
titulada: "Salitre". Patrocinada polo Concello de Betanzos.
- 14-Xaneiro-2005: Charla para o Ciclo S. de Información e
Comercialización Turísticas por parte do Director Comercial para Galicia
de Politours.
- 17-Xaneiro-2005: Charla informativa para alumnos/as de 2º de BAC, sobre o
funcionamento da Escola de Negocios Caixanova.
- 18-Xaneiro-2005: Charla da Unidade de Trasplantes do Juan Canalejo de A
Coruña para alumnos/as de 2º de BAC e Ciclos.
- 20-Xaneiro-2005: Asistencia dos alumnos/as de 1º da ESO a Proxección da
película: "Puntuación Perfecta", do Ciclo Cinensino de
prevención de Drogodependencias. Patrocinado polo Concello de Betanzos.
- 20-Xaneiro-2005: Visita dos Ciclos S. de Informanción e Comercialización
Turísticas e Comercio e Marketing á Zona Franca de Vigo, porto pesqueiro,
zona comercial e a o Hotel NH Palacio de Vigo.
- 24-Xaneiro-2005: Exposición de Posters do Taller de Literatura Moderna e
Medieval. Poetas da Xeneración 2005. Por parte dos cursos 1º D +E de
Bacharelato. Dirixidos pola profesora Concha Delgado Corral.
- 31-Xaneiro-2005: Información do encargado da Oficina Municipal de
Información Xuvenil ( OMIX ) para os alumnos de 3º e 4º da ESO e
1º de BAC.
- 4-Febreiro-2005: Actividades de Antroido : "Monólogos do Antroido"
por parte dos compoñentes do grupo de Teatro. Partidos de Balonmán
Masculino e Feminino no polideportivo do Instituto. Concurso de Comparsas
para o Primeiro Ciclo e Segundo Ciclo e BAC no Salón de Actos.
- 18-Febreiro-2005: Asistencia dos alumnos de 2º da ESO ó ensaio da
Orquestra Sinfónica de Galicia no palacio da Ópera da Coruña. Patrocinado
pola Diputación Provincial de A Coruña a través do Concello de Betanzos.
- 22-Febreiro-2005: Excursión a Vigo dun grupo de alumnos/as de 4º da ESO
para visitar a Casa da Palabra ( Verbum ) e facer unha visita á cidade.
- 1-Marzo-2005: Charla de Julio Fernández sobre "Ferias
Turísticas", do consorcio de Turismo de A Coruña para o Ciclo de
Información e Comercialización Turísticas.
- 3-4-Marzo-2005: Visita dos alumnos de 4ºB+F da ESO o autobus de
"Internet para todos" estacionado na Praza dos Irmáns Garcia
Naveira de Betanzos.
- 8-Marzo-2005: Excursión a Vigo dun grupo de alumnos/as de 3º da ESO para
visitar a Casa da Palabra ( Verbum ) e facer unha visita á cidade.
- 9-Marzo-2005: Charlas para os alumnos de 2º e 3º da ESO do Plan local de
Drogodependencias. Patrocinado polo Concello de Betanzos.
- 9-Marzo-2005: Xornadas na Aula de Cultura do Concello de Betanzos para os
alumnos/as de 2º de BAC por parte da CIUGA para explicarlles o proceso da
selectividade e a entrada no sistema Universitario de Galicia.
- 10-Marzo-2005: Campaña de doazón de sangue para os maiores de 18 anos
por parte do Banco de Sangue do Juan Canalejo.
- 11-Marzo-2005: Commemoración por parte da comunidade educativa do IES
Francisco Aguiar do atentado que tivo lugar fai un ano, gardándo as 12h
cinco minutos de silencio nunha concentración na pista polideportiva.
- 14-Marzo-2005: Charla informativa para os alumnos/as de 2º de BAC por
parte da Universidade de Santiago de Compostela.
- 15-Marzo-2005: Participación do curso 4º A da ESO no Rallye Matemático
2005.
- 16-Marzo-2005: Charlas para alumnos de 1º da ESO por parte do clube de
Piraguismo de Betanzos.Organizadas pola profesora Delia Vázquez.
- 17-18-Marzo-2005: Charlas sobre sexualidade para alumnos de 4º da ESO.
Patrocinadas polos servicios socias do concello de Betanzos.
- 18-Marzo-2005: Charla para os alumnos/as de 1º da ESO sobre o "Día mundial
da Auga", por Pepe Esteller director en Galicia da ONG "Accion contra el
hambre".
- 31-Marzo-2005: Visita a Santiago por parte dos alumnos de Arte de 2º D de
BAC, dirixidos pola profesora Pilar López.
- 31-Marzo-2005: Exposición por parte dos alumnos/as de Ciencias
Mediambientais dos traballos sobre limpeza no noso centro. Dirixidos pola
profesora Teresa Cruz.
TERCEIRO TRIMESTRE:
- 2-9-Abril-2005: Escursión de alumnos/as de 4º da ESO á Costa Daurada,
visitando Barcelona e Tarragona. Acompañados polas profesoras Luisa Muiño,
Mª Jesús Suárez, Pilar Rios.
- Mes de Abril-2005: Exposición do Subrrealismo Francés, organizada pola
profesora Elisa Giráldez.
- Mes de Abril-2005: Charlas para os alumnos/as de 1º da ESO sobre a campaña
de Coeducación que está a realizar o Concello de Betanzos por parte dos seus
Servicios sociais.Presentación tamén de dita campaña ó resto da comunidade
educativa.
- 7-8-Abril-2005: Charlas de animación á lectura para alumnos/as de 2º da
ESO, dirixidas pola profesora Elvira Castro.
- 8-Abril-2005: Visita do Ciclo superior de Comercio e Marketing ás
instalacións da Empresa Gadisa.
- 9-Abril-2005: Participación de 10 alumnos/as de 2º da ESO no Concurso de
Redacción Coca-Cola.
- 11-Abril-2005: Charlas para 2º da ESO sobre "Los Cambios en el cuerpo" ,
patrocinadas por Ausonia e organizadas polo Departamento de Orientación.
- 13-Abril-2005: Charla para os alumnos/as do Ciclo Superior de Información
e Comercialización Turísticas sobre "Cruceros como producto turístico", por
Celestino González, director comercial da empresa de turismo nautico Latitud
4.
- 18-Abril-2005: Asistencia dos alumnos/as de Francés á obra de Teatro "El
Médico a palos" no teatro do Colexio Salesianos da Coruña. Organizada polo
Departamento de Francés.
- 19-Abril-2005: Charla para os alumnos/as de 2º de BAC sobre os Ciclos
superiores que temos no noso Instituto : Turismo e Marketing.
- 20-Abril-2005: Asistencia dos alumnos/as de 1º da ESO á última película do
ciclo Cinensino de Prevención de Drogodependencias. Patrocinado polo Concello
de Betanzos.
- 21-Abril-2005: Premiada na Modalidade de Narracción con un accésit a
alumna : Lúa Mosquera Tenreiro, nos premios Minerva que se entregan hoxe en
Santiago.
- 21-Abril-2005: Charlas de Prevención de Drogodependencias para os
alumnos/as de 4º da ESO. Patrocinadas polos Servicios Socias do concello de
Betanzos.
- 22-Abril-2005: Charla do Arzobispo de Santiago cós alumnos/as de Relixión
do Instituto, dentro da visita pastoral realizada á nosa cidade.Organizada
polo Departamento de Relixión.
- 26-Abril-2005: Visita dos alumnos/as de Ciencias Medioambientais de 4º da
ESO ás Fragas do Eume. Organizada polo departamento de Ciencias Naturais.
- 2-Maio-2005: Asistencia durante os luns do mes de maio dos alumnos/as de
1º da ESO a unha práctica de gravado no Centro Internacional de Estampa
contemporánea.
- 3-Maio-2005: Visita dun grupo de alumnos/as de 3º da ESO á "Verbum" de
Vigo. Organizada pola profesora Raquel Parada.
- 4-Maio-2005: Actuación na Aula Municipal de Cultura ante alumnos do
colexio "Virgen de la quinta angustia" de Cacabelos, do grupo de Teatro do IES
Francisco Aguiar con obras de Antón Chejov "Petición de Mán" e Ricardo
Carballo Calero "Farsa das Zocas" ,dirixidos polo profesor Constantino Chao
Mata.
- 5-Maio-2005: Charla sobre "Alcohol+Conducción" para alumnos/as de 1º de
BAC. Patrocinada polo Departamento de Servicios Socias do Concello de
Betanzos.
- 5-Maio-2005: Charla para 2º da ESO por parte do escritor "Joan Manuel
Gisbert". Patrocinada pola Ed. Oxford e organizada pola profesora Elvira
Castro do Departamento de Lingua e Literatura Castelá.
- 6-Maio-2005: Charla para 1º da ESO do escritor e aventurero Javier Ares "Japy"
sobre os seus viaxes pola Amazonia.
- 6-7-Maio-2005: Realización do Camiño Inglés de Santiago por parte de
alumnos de 1º de BAC. Organizado polo profesor Constantino Chao Mata.
- 9-Maio-2005: Realización de un seminario de escaparatismo por parte dos
alumnos/as do Ciclo superior de Turismo e Marketing.
- 9-Maio-2005: Premiados Redacción Subrrealismo Francés : Rocío Calvo
Domínguez, de 1º BAC E e Raquel Vazquez Díaz de 3º da ESO B obtiveron o
primeiro e segundo premio respectivamente do concurso de redacción sobre a
exposición de cadros so Subrrealismo Francés, organizada polo Departamento de
Francés e de Normalización Linguística.
- 10-Maio-2005: Visita dos alumnos/as de 4º da ESO A+B á "Verbum" de Vigo.
Organizada pola profesora Concha Barrilero.
- 10-Maio-2005: Excursión dun grupo de alumnos/as de 3º da ESO a
Padrón á Casa de Rosalía e posteriormente ó Museo do Povo Galego en Santiago.
Organizada pola profesora Raquel Parada.
- 20-Maio-2005: Acto final de curso para 2º de BAC coa presencia dos pais de
alumnos e autoridades educativas, actuación musical e entrega de diplomas,
insignias e fotos de recordo ós alumnos da promoción de 2005.
- 23-Maio-2005: Conversa do escritor Manuel Darriba cós alumnos/as de 3º da
ESO sobre Literatura e Realidade. Patrocinada polo Concello de Betanzos dentro
da campaña "Libérate cós Libros" da OMIX.
- 23-Maio-2005: Visita dun grupo de alumnos/as de 1º e 2º da ESO á Voz de
Galicia. Organizada polo departamento de Lingua e literatura Castelá.
- 25-Maio-2005: Asistencia dos alumnos/as de 3º da ESO á representación da
obra de Teatro: " Moby Dick" na Aula Municipal de Cultura. Patrocinada polo
concello de Betanzos.
- 26-Maio-2005: Charla do escritor : Neira Cruz , para alumnos/as de
1º A+D+E de BAC. Organizada polo departamento de Lingua e Literatura Galega.
- 26-Maio-2005: Representación por parte do grupo de Teatro do Instituto das
obras: "Petición de Mán" de Chejov e "Farsa das Zocas" de Ricardo Carballo
Calero, pola mañá para os alumnos/as de 1º da ESO, pola tarde na Aula
Municipal de Cultura e ó día seguinte para alumnos/as de 2º da ESO.
- 27-Maio-2005: Celebración do Campionato de partidas rápidas de Xadrez no
patio cuberto do instituto. Organizado polo profesor Oscar García Ramos.
- 27-Maio-2005: Celebración das Finais do Campionato interno de Balonmán
Masculino e Feminino, con entrega de premios os equipos campións , ós máximos
goleadores e ós porteiros menos batidos. Organizado polo profesor Raimundo
Fernández.
- 30-Maio-2005: Asistencia dos alumnos/as de 1º da ESO á representación
teatral : "Un punky na corte", na aula Municipal de Cultura. Patrocinada polo
concello de Betanzos.
- 30-Maio/4-Xuño : 1ª Semana de Turismo organizada polos alumnos/as e
profesoras do Ciclo Superior de Información e Comercialización Turísticas en
colaboración con ACEBE e outras entidades da comarca de Betanzos.
- 2-Xuño-2005: Visita dun grupo de alumnos/as de ESO e BAC á mostra
EDUCARTE, no Palacio de Congresos de Santiago. Organizada polo Departamento de
Orientación.
- 2-Xuño-2005: O traballo dos alumnos: Néstor Domínguez Varela e Laura
Peteiro Mahía " Dinosaurios: Aquellas maravillosas criaturas", foi
seleccionado polo comité Científico do INICE para representar a España, no
Congreso Internacional que se celebrará en Santiago de Chile no mes de Agosto.
- 11-Xuño-2005: Asistencia dun grupo de alumnos/as de 2º da ESO á recollida
dos premios do Concurso de Redacción do Colexio de Farmacéuticos da Coruña.
Organizado pola profesora Elvira Castro.
- 15-Xuño-2005: Charla para os alumnos/as do Ciclo Superior de Información e
Comercialización Turística sobre Charter Naútico, por parte da empresa "Altavela"
e tarde de navegación pola ría de Betanzos.
- 20-21-Xuño-2005: Visita ós monumentos da cidade de Betanzos por parte dos
alumnos/as de 2º da ESO. Organizada pola profesora Carmen Laíño.
- 22-Xuño-2005: Final do campionato de Fútbol Sala para 1º e 2º da ESO e
entrega de premios o millor xogador, porteiro e dianteiro. Organizado pola
profesora Delia Vazquez.
- 22-Xuño-2005: Visita dos alumnos/as de Ciencias Medioambientales á
depuradora de Betanzos. Organizada pola profesora Teresa Cruz.
- 24-Xuño-2005: Partidos de Fútbol Sala entre seleccións do IES As Mariñas e
o IES Francisco Aguiar como remate do curso.
-

