Pequeno
glosario para a utilización da clave.
Acícula:
folla longa, delgada e puntiaguda.
Acuminado:
terminado
en punta.
Alterno:
inserto
a un e outro lado do talo en diferentes nós.
Caducifolia:
dise das plantas que perden as follas tódolos anos.
Composto:
follas
que se compoñen de un ou varios foliolos.
Coriáceo:
de
consistencia recia, aínda que con certa flexibilidade, como o coiro.
Crenado:
que
ten festóns ou dentes romos.
Decusadas:
dise das follas, ramas, etc. cando son opostas e están colocadas de tal maneira
que forman unha cruz coas dos nós superior e inferior contiguos.
Enteiro:
órgano de bordos lisos, sen entrantes nin saíntes.
Envés:
cara inferior da folla.
Escotado:
provisto dunha escotadura pouco profunda.
Escuamiforme:
con
forma de escama ou parecido a unha escama.
Estipe:
tronco das palmeiras.
Face:
parte superior do limbo da folla.
Foliolo:
cada unha das partes nas que se divide unha folla composta.
Lampiño:
desprovisto de pelos.
Limbo:
lámina da folla.
Oblongo:
máis longo que ancho.
Ovado:
en forma de ovo coa parte máis ancha na base. Aplícase a órganos laminares.
Pecíolo:
rabo que une a base da folla ó talo.
Peloso:
que ten pelo.
Perennifolio:
dise das plantas que se manteñen verdes todo o ano.
Pinnado:
dise da folla composta con folíolos a ambos lados do raque.
Raque:
nervio
medio das follas compostas sobre o que se enxertan os foliolos
Verticilos:
conxunto de ramas, follas, etc. que nacen no mesmo nivel do eixe do talo, se son
máis de dous.