Actividades a realizar polo alumno

1º Ciclo da ESO

2º Ciclo da ESO

Bacharelato

 

Actividades 1º ciclo da ESO

  1. Características xerais das árbores e arbustos do xardín.

·        Calca as codias das árbores que estudiaches.

·        ¿Qué árbores teñen codia lisa?

·        Fai unha relación das árbores do xardín que teñan unha copa voluminosa.

·        Indica que árbores coníferas hai no xardín

  1. Características observadas da árbore de estudio:

·        Nome da árbore. Localización.

·        Debuxa a árbore: forma xeométrica, triangular, redondeada, ovalada.

·        Debuxa as follas da árbore.

·        Mide a altura da árbore.

Ó final farase unha posta en común con toda a información obtida polos diferentes alumnos.

INICIO

 

Orientacións de actividades 2º ciclo da ESO

1.      Determinación da data e da estación da observación.

2.      Características observadas da árbore.

·        Folla: nerviacións, bordo, simple ou composta, forma, etc.

·        Porte da árbore: debuxo, forma xeométrica: piramidal, cónica, redondeada, ovalada, semicircular, etc.

·        Disposición das polas: horizontais, ergueitas, colgantes, etc.

·        Altura da árbore.

·        Altura da primeira ramificación respecto do chan.

·        Cor e forma da cortiza, follaxe, etc.

·        Flor e froito: descripción, tipo.

Ó final farase unha posta en común con toda a información obtida polos diferentes alumnos.

INICIO

 

Orientacións de actividades 1º Bacharelato

  1. Seguimento da vida dunha árbore ó longo do curso.
  1. Traballo bibliográfico sobre as características de cada árbore e aplicacións da mesma.
  1. Exposición do traballo de cada grupo para toda a clase.

Estas actividades realizaranse por grupos, encargándose cada un deles do estudio dunha determinada árbore.

INICIO

 

Catálogo de árbores e arbustos Catálogo fotográfico