AUXILIAR DE ESTÉTICA

Familia profesional: Imaxe persoal.

Competencia xeral: Realizar coidados estéticos elementais de estética persoal e decorativa, presentar e promocionar productos, utensilios e aparellos de uso común en beleza. O seu ámbito profesional está relacionado con eliminar peluxe por procedementos mecánicos, aplicar técnicas básicas de estética e hixiene facial e corporal, maquillar rostro e corpo do cliente, ofrecer pautas básicas sobre o uso de cosméticos para maquillase, proporcionar coidados de mans e pés e maquilla-las uñas do cliente.

O plan de formación: consta de 3 días á semana facendo prácticas en empresas que cooperan co centro, ben sexan privadas ou públicas. Os outros 2 días asisten ó centro donde se lles imparten áreas básicas: matemáticas, socio-lingúistica, FOL e informática.