PROGRAMAS

DE GARANTÍA SOCIAL

 

DESTINATARIOS

OBXECTIVOS

ESTRUCTURA

RESERVA

MATRÍCULA

PERFÍS

DESTINATARIOS

Persoas menores de 21 anos que, polo menos, cumpran 16 anos no ano natural no que inicien o programa e se atopen nalgunha das seguintes condicións:

   Estaren escolarizados no segundo ciclo de Educación Secundaria Obrigatoria e, tendo accedido a un programa de diversificación curricular, a xuízo do equipo educativo que os atende, non estar en condicións de acda-los obxectivos da etapa por esa vía. Excepcionalmente, tamén poderá accede-lo alumnado ó que non lle fora posible cursar un programa de diversificación curricular e se atope, a xuízo do equipo educativo, en grave risco de abandono escolar.

   Estaren desescolarizadas e non posuír titulación académica superior á do Graduado Escolar ou que, tendo acadada esa titulación, carezan do título de Formación Profesional de primeiro grado.

OBXECTIVOS

  Desenvolver e afianza-la madurez persoal mediante a adquisición de hábitos e capacidades que lles permitan participar como persoas responsables nun traballo e na actividade social e cultural.   

     Desenvolve-las actitudes e dotalos de recursos e da orientación necesarios para a busca dun posto de traballo e/ou para o autoemprego.

  Amplia-la súa formación co obxecto de adquirir coñecementos e capacidades propios do ensino básico.

ESTRUCTURA

Con carácter xeral o programa completará as seguintes áreas ou ámbitos de actuación:

Área de formación profesional específica.

   Área de formación e orientación laboral.

     Área de formación básica.

Actividades complementarias.

Titoría.

RESERVA de praza

Todo o mes de Xullo.

MATRÍCULA

Do 1 ó 9 de Setembro.

PERFÍS