|
AUXILIAR DE AXUDA NO DOMICILIO E RESIDENCIAS ASISTIDAS |
|
Familia
profesional: Servicios socioculturais e á
comunidade. Competencia xeral: Exercerá a súa actividade laboral prestando axuda a individuos no seu propio domicilio ou en residencias, cando estean incapacitados temporal ou permanentemente por motivos de índole física, psíquica e/ou social. Realizará tarefas esenciais e de apoio na vida cotiá, de mantemento do usuario do servicio de axuda a domicilio, que presumiblemente será da terceira idade, diminuido ou incapacitado, ou membro doutros colectivos (toxicómanos, enfermos mentaia, alcohólicos,etc). O plan de formación: consta de 3 días á semana facendo prácticas en empresas que cooperan co centro, ben sexan privadas ou públicas. Os outros 2 días asisten ó centro donde se lles imparten áreas básicas: matemáticas, socio-lingúistica, FOL e informática. |