AUXILIAR DE PUERICULTURA

Familia profesional: Sanidade.

Competencia xeral: Exercerá a súa actividade laboral prestando  atención e coidados a nenos e nenas, de idades comprendidas entre 0 e 6 anos. Esta prestación poderá ter lugar tanto no domicilio do auxiliar como no da persoa que contrata os seus servicios, en xardíns de infancia, colexios de encino infantil e primario (como coidador de apoio a nenos e nenas con necesidades educativas especiais), garderías e grandes superficies ou similares, ludotecas, casas de acollida, etc.

O plan de formación: consta de 3 días á semana facendo prácticas en empresas que cooperan co centro, ben sexan privadas ou públicas. Os outros 2 días asisten ó centro donde se lles imparten áreas básicas: matemáticas, socio-lingúistica, FOL e informática.