Raquel Ferreira Álvarez

1º Bacharelato

O CORNUALLÉS

ÍNDICE

 

 CARACTERÍSTICAS PRINCIPAIS

 O cornuallés ou córnico é un idioma que aínda na súa época de maior esplendor abarcou unha superficie territorial moi escasa. Sitúase en Gran Bretaña, no sudoeste da illa, concretamente na rexión de Cornualles.

Cornualles é un condado e abarca unha península que limita ó norte e ó oeste co océano Atlántico e ó sur co Canal da Mancha.

 Incluído no subgrupo británico das linguas celtas, o cornuallés está intimamente relacionado co bretón, e aínda que dunha maneira máis distante, co galés.

Coma unha lingua vernácula falada, o cornuallés tiña xa desaparecido a finais do século XVIII, aínda que existen probas que avalan a supervivencia, no século XIX e probablemente a principios do XX, de certo coñecemento popular da lingua, mentres que algunhas palabras aínda seguen vivas dentro do dialecto córnico contemporáneo. Foi precisamente no século XX cando nace un pequeno pero persistente movemento para resucitar esta lingua.

 

HISTORIA DO CORNUALLÉS

 **O cornuallés antigo

 O cornuallés antigo emerxeu trala escisión do sudoeste de Gran Bretaña doutras áreas celtas como consecuencia do avance saxón de finais do século VI d. C. Mostras de topónimos suxiren que este avance e o da lingua inglesa xa chegaran a finais do século VII ó nordeste de .Cornualles.

As primeiras mostras escritas de córnico antigo corresponden a glosas que datan dos séculos IX e X. As que maior relevancia teñen son os Evanxeos de Bodmin, onde están recompilados  os nomes e algúns detalles dos escravos liberados en Bodmin. Destaca tamén o Old Cornish Vocabulary, unha traducción en latín e cornuallés dun diccionario latín-inglés que data de finais do século XI.

 

**O período do cornuallés medio

Os testemuños máis ricos do período do cornuallés medieval corresponden ós chamados “milagres”, obras de teatro enmarcadas dentro do xénero relixioso e literario máis amplo da Europa medieval; gozan dun certo sabor córnico e, todas xuntas, constitúen un substancioso corpus. Entre elas atópanse a Ordinalia, a Pascon Agan Arluth...

Pero a máis orixinal en contido e en composición é o Beunans Meriasek, a única peza de santos de toda Gran Bretaña que nos chegou completa. Esta obra está enmarcada na máis ampla tradición do teatro Europeo miracular e asenta os principios fundamentais do cristianismo católico medieval.

 

**O retroceso da lingua

Esta lingua comezou a repregarse xa no período córnico antigo e nos períodos do córnico medieval, perdendo terreo a medida que o inglés se ía estendendo.

Por outra banda, os estudios actuais sinalan que trala conquista normanda, o cornuallés gozou dun período de renacemento, receltificando a zona oriental de Cornualles ata o punto de que podería ter sido falado nun terreo moi amplo ata a chegada da Reforma. De feito, hasta 1595 había falantes bilingües de córnico/inglés no Cornualles central.

Os factores que principalmente influíron no retroceso do cornuallés foron entre outros a Refoma e a imposibilidade de contar cunha traducción en córnico da Biblia e do Prayer Book (devocionario da Igrexa Anglicana).

En 1602 o cornuallés fora restrinxido ós distritos máis occidentais e xa eran poucos os que non coñecían tamén a fala inglesa. Ademais disto, a convulsión da Guerra Civil e o cambio socioeconómico experimentado en Cornualles trala primeira fase de industrialización no século XVIII exerceron unha forte presión sobre a fala.

 

**Os falantes

O número de falantes de cornuallés foi diminuíndo de xeito paulatino, aínda que con diminucións espectaculares nalgúns séculos. A continuación están expostos algúns datos:

-En 1300, a época de máximo esplendor do cornuallés, o número de falantes ascendía a 38000 aproximadamente.

-En 1600, esta cantidade diminuíu a 22000.

-En 1700 o declive foi aínda maior e esta fala pasou a contar con soamente uns 5000 falantes e en 1750 a cifra case chegaba á metade.

-No século XIX, a fala xa estaba completamente extinguida, e a maioría da opinión pública córnica celebrou esta desaparición, xa que era considerada un impedimento para a industrialización da sociedade.

 

O REGRESO DO CORNUALLÉS

Ó mesmo tempo que no século XIX o cornuallés desaparecía xurdiu, sen embargo, un interés polo pasado córnico a partir das súas cinzas.

A principios do século XX este interés inicial xa se tiña convertido nun entusiasmo de revitalización seguindo o modelo do máis amplo “Renacemento celta”.

Pero esta recuperación do idioma víase dende diversos puntos de vista:

-Por unha banda, Henry Jenner e Robert Morton Nance partiron principalmente dos textos das obras de milagres medievais, denominando a súa síntese como cornuallés unificado.

-Por outra parte, os estudiosos do celta mostrábanse escépticos ante a metodoloxía de Nance.

-Tras moitas disputas pola ortografía e a pronunciación do cornuallés que se intentaba recuperar creouse un novo sistema coñecido co nome de Kernewek Kemmyn (cornuallés común), que impulsou o aspecto medieval da lingua revivida e deseñou unha nova ortografía, aínda que finalmente tamén foi posto en dúbida.

-Xa por último outra corrente buscaba a construcción dun córnico moderno, partindo dos materiais do cornuallés falado na etapa máis recente.

Finalmente, o Consello de Lingua Córnica foi constituído para  fomentar o cornuallés moderno: a mediados dos anos 90, con quizais só 50 falantes de calquera tipo de cornuallés revivido, cada unha das organizacións competentes das tres variantes contaba cos seus propios fondos, membros, publicacións e clases vespertinas.

 Na actualidade o cornuallés non conta con ningún tipo de apoio legal, e, sen embargo xa son aproximadamente 250 as persoas que o falan de maneira cotiá, aínda que o seu coñecemento ascende a case 1000 persoas que o falan nas cidades de Truno e Cornwall

 

BIBLIOGRAFÍA

 VOLVER