Gemma Martínez Pérez

1º Bacharelato

AS LINGUAS DE HUNGRÍA

Hungría é o país europeo cunha lexislación lingüística máis respectuosa coas linguas minoritarias que se falan no seu territorio. Tanto é así que, por exemplo,  se pode utilizar no Parlamento calquera das catorce linguas que recoñece a República.

Neste sentido Hungría é un modelo que moitas das “democracias occidentais” deberan imitar.

Na República de Hungría fálase principalmente húngaro, cunha porcentaxe que supera o 90%; o 10% restante repártese entre estas linguas: romaní, alemán, eslovaco, serbo-croata, romanés, ruteno-ucraíno, polaco e esloveno, e tamén se falan outras linguas pero en moitísima menor medida, como poden ser o grego, o armenio ou o búlgaro.

― O húngaro pertence ó grupo das linguas úgricas xunto co khanti e o mansi. Falan húngaro a redor de 15.000.000 de persoas distribuídas por Hungría e diversos países colindantes con esta última, principalmente Eslovaquia, Austria, Eslovenia, Croacia, Serbia, Romanía e Ucraíno; segundo isto o número de húngaro-falantes só en Hungría rodea os 9.500.000. Tamén hai que dicir que aínda que os linguas faladas neste país son moitas o húngaro sobresae notablemente con respecto a todas as demais, como comentamos nas porcentaxes do terceiro parágrafo.

 Ademais do húngaro, lingua principal de Hungría, neste país utilízanse as seguintes linguas secundarias ―por número de falantes pero non por importancia, porque como dixen inicialmente en Hungría existe un plurilingüismo modélico―:

― O romaní ten moitas variantes, como o romaní válaco, o romaní sinti, o romani carpático, o romaní báltico, o romaní español ou caló, entre outras. En Hungría fálanse distintas variantes, sobre todo o valaco, o sinti, o carpático e o Caló. Entre todos os seus falantes, sen contar as pequenas variantes, falan romaní unhas 400.000 persoas.

― O alemán é terceiro estratéxicos do norte do país, fronteirizos con Eslovaquia e do sur, próximos a Eslovenia idioma de Hungría por número de falantes. Utilízano a redor de 200.000 persoas en puntos e a Romanía.

Todos os demais idiomas falados en territorio húngaro son menos usados pois non chegan ós 100.000 falantes; estes son:

       O serbo-croata, con 90.000 falantes.

       O romanés, falado por 25.000 persoas.

       O polaco, con 15.000.

       O eslovaco, con 12.000.

       O esloveno, con 10.000.

       O ruteno-ucraíno, con 5.500 falantes.

  Outro grupo engloba o grego, o armenio, o búlgaro e outros dos que se descoñece con certeza o número de falantes, pois son escasos.

       Deste traballo a conclusión principal que obtiven foi que Hungría é un dos poucos países nos cales existe unha situación de igualdade lingüística, o cal é admirable e se pode ter en conta como modelo para outros países.

Gemma Martínez Pérez

VOLVER