| |
Clarinetista de
jazz e compositor estadounidense.
O seu verdadeiro nome é Arthur Arshawsky e fíxose famoso na era do swing cando,
en 1938, a súa versión de Begin The Beguine, obra do seu compatriota Cole
Poter, acadou o número un nas listas de éxitos dos Estados Unidos. outros temas
que tiveron gran repercusión, interpretados con distintas formacións, foron
Back bay Shuffle (1939), composición do propio Shaw, Frenesi (1941) e
Stardust (1942). En 1952 retirouse.
|