Introdución
Despois de ler o libro O demo e o profundo mar azul, da escritora ribadense Eva Moreda, entroume unha crecente curiosidade pola historia do jazz, ese marabilloso estilo de música e de vida que naceu no século pasado en Norteamérica. Comecei a baixar as cancións que lle dan nome ós diferentes capítulos do libro, a ler as biografías dos músicos dos que nel se falan, e en definitiva, a mergullarme no apaixonante mundo do jazz.
Foi entón cando se me ocorreu a idea de confeccionar esta especie de traballo, no que vou intentar facer un repaso das orixes deste tipo de música, e contar algo acerca da vida dos seus máximos representantes, ademais de adxuntar tódalas cancións que puiden encontrar das que aparecen como título
|
|
|