B.B. King

(1925 - )

 

Cantante e guitarrista estadounidense de blues.

 Naceu en Itta Vena, Missisipi. Ós poucos anos trasladouse a Memphis, Tennessee, onde coñeceu a Sonny Boy Williamson II, quen lle deu un pequeno espacio coma DJ no seu programa de radio. Aí puxéronlle o sobrenome de “Blues Boy”, nome que el rematou abrevienado. A partir de 1950 comezou a realizar gravacións e en 1965 editou Live at The Regal, o seu primeiro disco de blues que conseguiu situar nas listas de ventas de música pop. Outros traballos seus son Confessin’ the blues (1966), Indianola Mississippi Seeds (1970 –utilizando coma músicos a Joe Walsh, Leon Russell e Carole King- e Six Silver Strings (1985). Obtivo numerosos galardóns, así coma varios premios Grammy pola canción The Thrill es Gone (1970) e os elepés There Must Be a Better Worl Somewhere (1981), My Guitar Sing The Blues (1986), Live at San Quentin (1990), Live at The Apollo (1991) e Blues Summit (1992), En 1987 concedéronlle o premio Grammy pola súa dedicación á música. Influíu notablemente en figuras do rock e do blues gracias ó seu estilo innovador. A súa guitarra Lucille acompañouno a un gran número de músicos actuais, entre eles U2. En 1995, no festival de Jazz de San Sebastián, tocou con Raimundo Amador, e no disco Gerundina, deste último intervén en dúas cancións.

            VOLVER