Billie Holiday
(1915 – 1951) (Lady Day)
|
Unha das cantantes de jazz e blues máis importante do século XX, tamén coñecida como Lady Day.
Tivo unha vida terrible. Filla de pais solteiros, foi violada ós dez anos. Durante un tempo dedicouse á prostitución e nos seus comezos coma cantantes sufriu os efectos do racismo máis cruel. Refuxiouse no alcohol e nas drogas. todos estes sensabores son os que, problabemente, da á súa voz ese amargo Tono sublime que en Strange Fruit chega ás súas notas máis altas. Durante os corenta e cincuenta, actuou con grande éxito en clubes de todo Estados Unidos, aínda que a súa voz comezou a mostrar os síntomas dos seus excesos personais. Nestes anos gravou moitas cancións para os selos de Norman Grauz. Nelas, e acompañada de vellos amigos coma Ben Webster, Harry Edison, Benny Carter ou músicos máis xoves coma Oscar Peterson, recuperou a maxia do pasado e en canción coma Just One of Those Things, Comes Dove ou One for mi Baby, hai unha profundidade e un sentimento que ninguén igualou nunca. Morreu no Metropolitan Hospital de Nova York, mentres estaba arrestada por posesión de estupefacientes, aínda que hoxe en día demostrouse que foi víctima dunha trampa sinistra Só en raras ocasións cantou blues tradicional; non obstante, fixo que moitas cancións populares se convertesen en pezas profundas e emotivas. A súa autobiografía, Lady Sing. The Blues (1956), inspirou en 1972 unha película na que Diana Ross, a pesar da súa voz, só é una caricatura de Lady day. |