Charlie Parker

(1920 – 1955) (Bird)

 

Músico estadounidense, o mellor intérprete de saxofón contralto de jazz e un dos pioneiros deste tipo de música.

Naceu en Kansas City, Kansas, e o seu verdadeiro nome era Charlie Christopher Parker, aínda que se coñecía como Bird ou Yardbird. Actuou con diferentes grupos de Kansas City, Missouri, e en 1939 transladouse a Nova York. Alí estivo á cabeza do movemento BOP , colaborando co trompetista Dizzy Gillespie na gravación dalgunhas pezas clásicas de jazz. En 1946 Parker sufiu un infarto e nos seus últimos anos, os seus problemas físicos e emocionais só le permitiron actuar de forma irregular, en especial con pequenas orquestras. En 1947 gravou co pianista Erroll Garner e, pouco despois, coa orquestra afrocubana de Machito.

O estilo de Parker era dunha gran pureza tonal, con técnicas harmónicas, melódicas, rítmicas innovadoras e unha habilidade sen precedentes para a improvisación. O seu estilo e as súas composicións (Yardbird Suite e Ornithology entre outras) foron pezas clave na evolución do jazz.

VOLVER