Dizzy Gillespie

(1917 – 1993)

 

 

 

 

 

 

 

VOLVER

 

 

 

Trompetista de jazz estadounidense, figura clave do bebop e un dos máis importantes instrumentistas dos últimos sesenta anos.

Naceu John Birks Gillespie en Cheraw, Carolina do Sur. Trabayou coas big bands de figuras como Cab Calloway e Earl Fatha Hines e en 1945 colaborou co saxofonista Charlie Parker, con quen gravou algúns dos discos máis valiosos do seu tempo. Destacou como líder de varias big bands a mediados da década de 1940 e continuou actuando por diversos países durante os oitenta. Entreas súas composicións cabe destacar Salt Peanuts, Bebop t Night en Tinisia. Manteca foi unha obra pioneira do jazz afro-cubano, estilo que practica sobre todo ó final da súa carreira. Dende o punto de vista melódico, o estilo do bebop ou bob do que Dizzy foi con Charlie Parker e Kenny Clarke un doscreadores, caracterízase polo fraseo asimétrico, o cromatismo e as combinacións de motivos breves, a modo de exclamación, con liñas longas e veloces.