Duke Ellington
(1899 – 1974)
|
|
Compositor, director de orquestra e pianista estadounidense. Foi unha das figuras máis destacadas da historia do jazz, música que introduzo nas salas de concerto e en cerimonias relixiosas. Naceu Edward Kennedy Elinngton na cidade de Washington. Ós dezasete anos iniciou a súa carreira coma pianista profesional. En 1923 trasladouse a Nova York e formou unha banda de dez membros. Durante as décadas de 1930 e 1940, Ellington e a súa banda, que ampliou o número de compoñentes, actuaron en teatros e clubes, na radio e no estranxeiro. En 1943 dirixiu o primeiro dos nove lendarios concertos que ofreceu anualmente no Carnegie Hall de Nova York. As súas obras máis características están compostas nunha forma modificada de concerto, construídas en torno ós solos dos membros da súa banda; tamén introduciron con frecuencia pasaxes cantadas sen palabras. O seu estilo é eléctrico, combina o blues, varias formas de jazz e o son big band da música swing. Acompañou a Mahalia Jackson, Ella Fitzgerald e Billie Holiday. Entre as súas cancións máis famosas sobresaen Mongo Indigo (1931), Sophisticated lady (1933) e Solicitude (1934). As súas obras a grande escala inclúen Black, Brown and Beige (1943), Liberian Suite (1948), A concert of. Sacred Music (1956) e Far East Suite (1967). Compuxo as bandas sonoras das películas Anatomía dun asasinato (1959, de Otoo Preminger) e Un día volverei (1961, de Martín Ritt), e das comedias musicais Beggar’s Opera (1947 e Pousse-Café (1966). A partir de 1941, o tema principal do grupo foi Take The “A” Train, composta polo seu socio, o autor das letras e arreglista Billy Strayhorn. A autobiografía de Ellington publicada un ano antes da súa morte, titúlase Music les mi mistress.
|