Ella Fitzgerald

(1918 – 1996)

 

Cantante estadounidense de jazz, admirada pola súa extraordinaria musicalidade e a súa habilidade no scat singing (uso da voz dunha maneira instrumental mediante a entoación de sílabas improvisadas).

Naceu en Newport, Virxinia, e pasou a súa infancia nun orfanato de Nova York. Descubrírona ós dezaseis anos en Harlem cando cantaba nun espectáculo para xoves talentos. Entre 1934 e 1939 cantou coa Chick Webb Band, grupo que dirixiu durante un tempo trala morte do seu líder en 1939. A mediados da década de 1940, traballou co empresario estadounidense Norman Granz e recorreu Europa e Asia co seu Jazz at The Philarmonic. En 1958 actuou xunto co compositor de jazz Duke Ellington no Carnegie Hall en Nova York. Ofreceu numerosos recitais en Europa co trío de Oscar Peterson. Entre as súas últimas composicións destaca o concerto que deu en 1985, con motivo do Kool Jazz Festival, en Carneige Hall. as súas composicións inclúen Oh, But I Do e You Showed Me the Wsy, entre outras.

VOLVER