Gerry Mulligan

(1927 – 1995)

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

VOLVER

Sasofonista barítono, compositor e arreglista estadounidense, un dos principais intérpretes do cool jazz, estilo que acadou o seu máxmo eslendor na década 1950. Foi o primeiro en dar ó saxofón barítono o papel solista nos pequenos grupos de jazz.

Nacido en Nova York, traballou a partir dos vinte anos para a orquestra de Claude Thornhill, quen á súa vez presentoulle ó arranxista e director de orquestra Gil Evans. Máis tarde uniuse a un grupo de músicos neoiorquinos que, en torno ó trompetista Miles Davis, creou un novo estilo moi distinto do bebop de Charlie Parker. Participou como autor, saxofonista e arreglista nas lendarias gravacións Birth of. The cool (1948 – 1959), que lle deron nome a dita corrente.

 En 1952 instalouse en Los Ángeles e inmediatamente impúxose no panorama jazzístico californiano cun cuarteto sen piano creado polo trompetista Chet Baker. Ó abandonar as imposicións harmónicas do piano, seguiu un estilo máis directo que favorecía a improvisación característica do jazz de Nova Orleáns ó tempo que perfeccionaba elementos so bebop e do swing . A partir da década de 1950 multiplicou os seus encontros, sobre todo con Duke Ellington, Thelonius Monk y Dave Brubeck. Fundou varias orquestras, sempre sen a presencia do piano. Creador dun jazz eléctrico, durante as décadas de 1950 e 1960 foi tamén o gran improvisador do saxofón barítono cun estilo áxil e melódico.