Características
Dende os seus comezos, o jazz ramificouse en moito subestilos, o que fai difícil a realización dunha descrición única que se adapte a todos eles con facilidade absoluta. Sen embargo, poden facerse unhas xeralizacións, tendo en conta que en tódolos casos ha excepcións.
Os intérpretes de jazz improvisan dentro das convencións do estilo que elixiron. Polo xeral a improvisación acompáñase dunha progresión de acordes dunha canción popular ou unha composición orixinal que se repite.Os instrumentistas imitan os estilos vocais negros, incluso o uso de glisandos e portamentos (sons arrastrados dunha nota a outra), as lixeiras variacións de Tono (incluídas as chamadas blue notes, tons da escala do blues desafinados á baixa nun intervalo microtonal respecto á afinación occidental), e os efectos sonoros, como gruñidos e xemidos.
A vontade de crear un son persoal de cor tonal –con un sentido do ritmo e forma individual, e con un estilo propio de execución- levou ós músicos á utilización de ritmos que se caracterizan por unha sincopación constante (os acentos aparecen en momentos inesperados do compás) e tamén polo swing, un pulso rítmico único do jazz que se manifesta nas complexas relacións entre notas longas e breves. as partículas escritas, se existen, empréganse só coma guías da estructura dentro da cal se desenvolve a improvisación. A instrumentación típica comeza cunha sección rítmica, formada polo piano, o contrabaixo, a batería e unha guitarra opcional, á que se lle poden engadir instrumentos de vento. Nas big-bands os ventos agrúpanse en tres seccións: saxofóns, trombóns e trompetas.
Se ben hai excepcións nalgúns subestilos, o jazz en xeral baséase na adaptación de infinitas melodías a algunhas progresións de determinados acordes. o músico improvisa novas melodías que se axustan á progresión dos acordes, e estes repítense tantas veces coma se desexe a medida que se incorpora cada novo solista.