Orixes

 O jazz funde as súas raíces no eclecticismo musical dos afroamericanos. Nesta tradición sobreviven pegadas da música da África occidental, das formas musicais da comunidade negra do Novo Mundo, da música popular e clásica europea dos séculos XVIII e XIX e de formas musicais populares posteriores que influíron na música negra ou que son obras de compositores negros. Entre os rasgos máis africanos encóntranse os estilos vocais, que destacan por unha gran liberdade de colaboración vocal, a tradición da improvisación, as pautas de pregunta e resposta, e a complexidade rítmica , tanto na sincopa de liñas melódicas individuais coma nos ritmos complexos que tocan os distintos membros dun conxunto. Outras formas de música afroamericana son os cantos que acompañaban o traballo, as nanas e, aínda que posteriores, os cánticos espirituais e os blues.

A música europea aportou estilos e formas específicas: himnos, marchas, valses, cuadrillas e outras músicas de baile, de teatro, e de ópera italiana, así coma elementos teóricos –en especial a harmonía-, un vocabulario de acordes e a relación coa forma musical.

Entre os elementos negros da música popular que contribuíron ó desenvolvemento do jazz inclúense a música  de banjo dos minstrel shows (derivados da música de banjo dos escravos), os ritmos sincopados da influencia negra procedentes da música latinoamericana (que se escoitaba nas cidades sureñas dos Estados Unidos), os estilos de pianola dos músicos das tabernas do Medio Oeste, e as marchas e himnos interpretados polas bandas de metais de negros a finais do século XIX. Nestes anos xurdiu outro xénero que exerceu unha poderosa influencia; tratábase do ragtime, música que combinaba moitos elementos, incluídos os ritmos sincopados (orixinarios da música de banjo e outras fontes negras) e os contrastes harmónicos e as pautas formais das marchas europeas. A partir de 1910 o directos de orquestra W. C. Handy tomou outra forma, o blues, e levouna máis aló da súa tradición precedente –estrictamente oral-, coa publicación dos seus orixinais blues. Nas mans dos músicos de jazz, os seus blues atoparon na década de 1920 a quen se cadra sería a súa mellor intérprete: a cantante Bessie Smith, que gravou moitos deles.

A fusión destas múltiples influencias no jazz resulta difícil de construír, dado que esto ocorreu antes de que o fonógrafo puidera ofrecer testimonios fiables.

VOLVER