John William Coltrane
(1926 – 1967)
![]() |
Saxo soprano, tenor e compositor estadounidense, considerado coma líder do free jazz durante os anos sesenta. Naceu en Hamlet, Carolina do Norte. Durante a década de 1950 emerxeu coma un talento importante e actuou sucesivas veces con grupos liderados polos trompetistas Dizzy Gillespie e Miles Davis, así como polo pianista Thelonius Monk. Os seus experimentos con estructuras harmónicas cada vez máis complexas outorgáronlle un lugar preferente dentro da vangarda jazzística. Das súas composicións destacan Giant Steps, Blue Raín, A Love Supreme e Father, Son and Holy Ghost. En 1992 a National Academy of. Recording Arts and Sciences outorgoulle, a título póstumo, Un Grammy polos seus éxitos no mundo da música. |