Lester Willis Young

(1909 – 1959)

 

Saxofonista tenor estadounidense, unha das figuras máis importantes na transición entre o jazz da preguerra e o bebop dos anos corenta.

Naceu en Woodville, Missisipi, e estivo con diferentes grupos antes de incorporarse á orquestra de Count Bassie en 1936. Durante os catro anos seguintes traballou coma primeiro solista de Vaise. Realizou gravacións memorables coa cantante Billie Holiday. A partir de 1940 dirixiu a súa propia orquestra e realizou amplas xiras con Jazz at The Philarmonic, grupo organizado polo empresario Norman Granz. Young foi un dos mellores saxofonistas tenor de tódolos tempos, foi famoso polo son austero e lacónico.

Influíu en moitos músicos BOP, especialmente en Charlie Parker.

 

            VOLVER