Louis Armstrong
(1900 – 1971)
|
|
Músico de jazz estadounidense. Unha das figuras máis influíntes da historia do jazz. Naceu o 4 de xullo de 1900 en Nova Orleáns, Luisana, e durante moito tempo foi autodidacta. Aprendeu a tocar o clarín, o clarinete e a corneta, e recibiu clases de trompeta do músico King Oliver. En 1971 fixo o seu debut profesional coma trompetista na banda de Kid Ory, en Nova Orleán. En 1992 comezou a tocar coa Oliver’s Creole Jazz Band de King Oliver en Chicago, meca do jazz por aquel entón. Permaneceu nesa cidade ata 1929, excepto no período transcorrido entre 1924 e 1925 no que tocou xunto a Fletcher Henderson en Nova York. Formou a súa propia banda en 1925 co cal a súa carreira deu un gran paso adiante. Fixo unha serie de gravacións de tal calidade e variedade que o converteron no trompetista e cantante de jazz máis importante da historia. Actuou en máis de 50 películas, entre elas, Cabin in The Sky (1943), Jam Session (1944), High Society (1956) e The Five Pennies (1959). Realizou unhas 1500 gravacións, entre as que sobresaen versións de Ain’t Misbehavin, I Can’t Give You Anything but Love e Tiger Rag. Entre as súas propias composicións destacan, I’ve Got a Heart Full of. Rhythm e Wild Man Blues. A súa autobiografía titúlase Satchmo, a miña vida en Nova Orleáns (1954). Morreu o 6 de xullo do 1971 en Nova York.
|
