Miles Dewey Davis

(1926 – 1991)

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

VOLVER

Trompetista e compósitos estadounidense, pioneiro do cool jazz.

Naceu en Aiton (Illinois), e xa a mediados da década dos corenta tocou con o trompetista Dizzy Gillespie e os saxofonistas Charlie Parker e Coleman Hawkins, todos eles líderes do bebop. En 1948, Davis deu un xiro á súa carreira e formou unha banda con nove compoñentes que, a pesar da súa corta duración, tivo gran influencia. Con Gil Evans como arreglista introduciu o termo cool jazz como oposicón a hot (caliente). Da colaboración entre Evans e Davis surxiron discos tan famosos coma Sketches of. Spain, Porgy and Bess e Miles Ahead (1957 e 1958). En todos eles tocou acompañado por un exuberante fondo orquestral.

En 1957 visitou París, onde compuxo a música da película Ascensor para el cadalso (1957, Louis Malle), improvisando directamente fronte ás imaxes do filme. De volta a Estados Unidos formou un quinteto co saxofonista John Coltrane, que se converterá nun dos mellores na historia do jazz. Con este quinteto máis o pianista Billy Evans e o saxi alto Cannonball Adderley gravou en 1958 o lendario King of Blue, unha das primeiras experiencias en basear o jazz en progresións modais en lugar de harmónicas.

Influenciado polo rock e fascinado polo guitarrista Jimi Hendrix introduciu instrumentos electrónicos na súa orquestra a partir de In a Silent Way (1969). Durante a década dos setenta utilizou este tipo de instrumentos para explorar novas formas musicais. Desta maneira reproduciu sons parecidos ó rock. En 1985 grabou You’re Under Arrest,e en 1989 Amandla, pero xa sen a maxia de antes. Cando morreu, en setembro de 1991, estaba traballando con Prince.

Trompetista virtuoso, é unha figura emlemática do jazz.