Stan Getz

(1927 – 1991)

 

 

 

Saxofonista estadounidense, un dos máis prestixiosos intérpretes de saxo tenor da súa xeración.

O seu verdadeiro nome era Satanley Gayetzby e ós 15 anos xa era músico profesional. Actuou cos máximos representantes das big bands da época: Tommy Dorsey, Satn Kenton, Benny Goodman e Woody Herman. Aínda que posuía unha técnica brillante e depurada, caracterizouse por non facer nunca alarde dela. A súa maior influencia veulle de mans de Lester Young, e converteuse nunha figura de luxo dentro do movemento cool jazz coas súas interpretacións baseadas no detalle, a sutileza e o control, como demostra o disco West Coast Jazz (1955).

Na década de 1960 interesouse máis polo estilo brasileiro da bossa-nova; en 1964 o tema A garota de Ipanema (La Chica de Ipanema) proporcionoulle un notable éxito. A principio desa década, gracias ós seus discos Jazz Samba e Big Band Bossa Nova, entre outros, o jazz alcanzou a un público máis amplo. Máis tarde experimentou coa fusión desta forma musical e o rock

VOLVER