|








| |
Departamento
Administrativo

¿Sabes que...
| ...Hai
20 anos que apareceu o primeiro móbil?.
Fabricado por Motorola saíu á venda por
664.000 das antigas pesetas. "É vostede un tolo perigoso"
foi a nota anónima que recibiu un experto en tecnoloxía por predicir a
comezo dos 90 que o teléfono móbil chegaría a ser case tan cotián como
o almorzo.
¡Os primeiros móbiles chegaron a pesar máis
de 30 kg. e ocupaban a metade do maleteiro do coche!.
|
| ...Freixenet
invirte na rodaxe do anuncio de Nadal 2 millóns de euros?.
É o pistoletazo de saída das Festas do Nadal. O
primeiro anuncio emitiuse en 1977 e foi protagonizado por Liza Minelli,
á que seguiron Gene Kelly (1981), Shirley Mclaine
(1983), Raquel Welch (1985), Paul Newman (1989), Sharon
Stone (1992), Kim Basinger (1993), Meg Ryan (1997) ou Paz
Vega (2003).
No 2002 Freixenet foi líder mundial de
cava cunha cota de mercado do 80% (de cada 100 botellas de cava
comercializadas, 80 son da marca) e 200 millóns de botellas vendidas
en 150 países, incluído Tanzania.
|
| ...
a moda de inserir marcas en películas ou series televisivas naceu con
"E.T"?.
Na película de 1982 "E.T. el extraterrestre"
o neno Elliot tiraba os caramelos de cores Reese´s para
atraer ó pequeno alieníxena. Foi fulminante: trala estrea, as vendas
dos caramelos de chocolate medraron un 65%. Foi o nacemento desta
moda.
Cambia-lo guión para introducir unha marca custa un
mínimo de 18.000 euros. Como exemplos temos:
*Ariel e
"Cuéntame como pasó".
*FontVella,
Coca-Cola e Reebok en "Un paso adelante".
*Chupa-chups
en "El comisario".
*Maleta
Rimowa en "CSI".
*Mahou en
"Javier ya no vive sólo".
*Nokia en
"Spiderman".
*Carlsberg
en "MinoritY Report".
|
...en
certa ocasión, un profesor para ilustrar a teoría da oferta e da demanda
dixo...
- Vendo sobresalientes a 10 euros. ¿Quen merca un?
Todos levantaron a man.
- O prezo acaba de subir a 50
euros.
Varios estudantes baixaron a man.
O profesor seguiu elevando o prezo ata que só quedou unha moza coa man
levantada. O profesor preguntou con perplexidade:
- ¿Aínda quere mercar a 1000
euros?
- Por suposto que si. O meu
marido apostou 5000 euros a que non acadaría un sobresaliente en
Economía.
|
|
...a
peseta aínda segue ben viva?
No 2003, un ano despois da entrada en vigor do euro, os
españois conservabamos aínda no noso poder máis de 360.000 millóns
de pesetas.
Como anécdotas estas dúas situacións reais que
tiveron lugar no Banco de España de dúas cidades:
*Unha señora fai cola frente á ventaíña. Ó chegar
a súa quenda, saca ¡32 pesetas! do interior dun pano de papel.
¿Incrible?
*Aínda hai un exemplo máis asombroso: o dun
xubilado que tivo o valor de gardar cola para cambiar ¡1 peseta!.
O funcionario do banco emisor, compasivo, entregoulle 1 céntimo de euro
ó ancián, que sen pretendelo, acadou así unha gañancia dun
66%.
|
|
...
moitos "spots" publicitarios sembran a polémica e deixan de
emitirse?
¿Molestouche aquel anuncio de Campofrío no que
un can chocaba contra un caixón aberto intencionadamente pola súa dona?
¿Consideras frívolo que Amena anunciara un plan de tarifas con
persoas ananas? ¿Consideras un atentado contra a dignidade da
muller o anuncio de Axe no que unha muller se contonea diante dun
colgadoiro (substituíndo aqueloutro de "Busco a Jacqs")?
Pode que a ti non te ofendan, incluso que che resulten
divertidos e inxeniosos, pero non é así para diferentes colectivos que
poñen en xaque ó sector publicitario. As súas críticas conseguen
incluso a retirada dalgúns anuncios publicitarios.
Por esta razón, as empresas pensan os seus investimentos: moito diñeiro (só en medios convencionais como
prensa, radio, televisión,... movéronse o ano pasado 5.403 millóns de
euros) e demasiado risco se non se logran os obxectivos. Só a
producción dun gran spot pode oscilar entre os 300.000 e os 600.000
euros, diñeiro perdido se non supera nin unha semana en antea, tal e
como sucedeu co spot de Amena. |
Enlaces de interese:
|