I.E.S.

   GREGORIO FERNÁNDEZ

 

Principal
Arriba
Presentación
Departamentos
Actividades
Biblioteca
Titorías
Taboleiro
Secretaría

 

EDUCACIÓN DE PERSOAS ADULTAS EN SARRIA

Nas antigas Escolas Públicas impartíronse clases para adultos a partir de 1.920. En 1.963, para combater o analfabetismo, creouse a Campaña de Alfabetización, que deu paso a outras experiencias como a Pequena Universidade, as campañas de promoción Cultural e finalmente á Educación Permanente de Adultos.

Creado con carácter oficial un Centro de Educación de Adultos con catro profesores, desenvolveu a súa actividade na Rúa Pedro Saco 4, con programas de alfabetización e preparación para a obtención do certificado de escolaridade e do título de Graduado Escolar.

Complementábase este labor con actividades profesionalizantes dirixidas a persoas adultas, que desexaban promocionarse cultural ou laboralmente, co ofrecemento de cursos de actividades artísticas, cociña, mecanografía, contabilidade, informática, galego, inglés, francés, confección de prendas, álxebra, historia comarcal, bolillos, fotografía, encadernación, etc

En setembro de 1.999 o Centro EPA integrouse no Instituto de Ensino Secundario "Gregorio Fernández", ampliando a oferta de ensino de adultos, que agora abrangue un amplo abano de posibilidades.

 

 Ensinanzas e niveis.