I.E.S.

   GREGORIO FERNÁNDEZ

 

Principal
Arriba
Presentación
Estudos
Actividades
Biblioteca
Titorías
Taboleiro
Secretaría

Departamento de Comercio

 

    CURSO DE ESCAPARATISMO

        Tódolos anos, no derradeiro trimestre do curso, vimos realizando unhas XORNADAS TÉCNICAS DE ESCAPARATISMO, ROTULACIÓN E PAQUETERÍA cunha duración aproximada de 40/45 horas, impartidas por unha profesional do sector.

        É esta unha actividade, evidentemente de carácter práctico, moi ben aceptada polos alumnos,  e que implica un alto grao de participación do alumnado.

         Neste curso os rapaces realizan o deseño e montaxe dun escaparate que logo queda exposto no taller de Comercio co obxecto de amosalo ó resto dos membros da comunidade educativa, sendo ademais visitado por rapaces doutras escolas cando veñen ó Instituto para coñece-las nosas instalacións e informarse dos estudios que aquí poden cursar.

        Ademais, ó longo das xornadas ensínanse diferentes técnicas de rotulación (moi útiles para a realización de carteis promocionais e informativos coma os que vemos nas tendas), elabóranse embalaxes especiais para agasallos, con decoracións feitas polos propios alumnos e adaptadas a datas especiais para os establecementos comerciais, como poden ser: o Nadal, Reis, o día da Nai, o día do Pai, Namorados, Entroido, ...

           

 

Ir al ciclo de comercio