|
I.E.S. GREGORIO
FERNÁNDEZ
|
|
Equipo de Normalización Lingüística
O Equipo de Normalización Lingüística deste Instituto está integrado por: Representantes de alumnos: - Cristina Rodríguez Díaz (4º ESO –B-) - Goretti Díaz Armesto (1º BAC -H-) - Bruno Fernández Rodríguez ( Ciclo de Instalación e Mantemen Representante do persoal non docente: - Pilar Trebolle López Representantes do profesorado: - Esther Rodríguez
Dono (Departamento de Administrativo)
- Luís López Melle (Departamento de Administrativo) - Diego López González
(Departamento de Ciencias Sociais) - Manuel Muñiz
Besteiro, (coordinador do Equipo). O obxectivo fundamental deste Equipo é: "Fomenta-lo emprego da lingua galega na comunidade educativa do centro". Ó longo destes anos realizáronse unha serie de actividades, coas que pretendemos continuar, ademais doutra serie delas que programamos para o presente curso académico, como son: - Participar nas rutas literarias polo museo provincial de Lugo para alumnos da ESO. - Colaborar con outros Seminarios para que empreguen máis o galego. - Asesorar lingüisticamente ó equipo encargado de elabora-la páxina web do Instituto. - Colaborar coas distintas actividades que vai realizar a titoría de Biblioteca ó longo do curso. - Témo-la intención de realizar unha o varias viaxes culturais, como vén sendo habitual, para achega-la realidade galega ó alumnado. - Participar na preparación de posibles recitais ou conferencias de diferentes autores. - Participar na Carreira pola Lingua que se celebra en Lugo. - Pretendemos seguir co grupo de teatro do centro: "Teatro Tres", grupo que acadou no curso 2 001-2 002 o 1º premio a nivel autonómico no concurso "Entre Nós en galego" coa adaptación da obra teatral Lysístrata. - Fomenta-la participación do alumnado nos diferentes concursos literarios que se convoquen.
Memoria das actividades organizadas polo equipo no curso 2006/2007 |