3.-¿CALES SON OS INCONVENIENTES DA
GLOBALIZACIÓN?
-A
hoxe por hoxe, anunciada morte do Planeta Terra. Os
novos consumidores non deberán incorporar á sua escala de valores o noso caduco
e demencial modelo, e si deberán ter claro que a demanda global pervertida
ha de ser sustituida por unha demanda racional e sobre todo compatible co medio natural
e humano. Ninguén debe dubidar ca influencia espacial das
empresas no mercado global vai seguir crecendo, o mercado real é ainda moi
inferior ó mercado potencial e elo conlevará a incorporación ó mesmo, nun espacio de
poucas décadas, de millóns de novos consumidores
obsesivo-compulsivos (chineses, sudamericanos, indios, habitantes de antigas
republicas soviéticas, etc...), que cambiaran as suas particulares economías de
subsistencia e comportamentos propios de tempos menesterosos, por unhas economías
de suficiencia cos seus valores perversos incorporados. Todo elo suporá crecemento desmesurado
da produción e dos servizos, coas connotacións
negativas que elo conleva para o medio ambiente. As innumerables agresións ó medio natural
e humano traerán consigo o deterioro do planeta ata límites insospeitados, porque
o descontrol actual así o presaxia.
-Hoxe
o tempo escapase a nosas vidas, sen que logremos alcanzalo, como
consecuencia dunha aparente aceleración do proceso vital-global. Ofrecensenos cifras
e porcentaxes, pero todos son incertos, son obsoletos, perderon a sua actualidade
mentras no lo facilitaban. Cando todo sucede con vertixinosa rapidez e obrigasenos a tomar
decisións en tempo real, puidendo caer na ANGUSTIOSA sensación de que non chegamos
alcanzar os nosos obxectivos. É todo elo precisamente por falla de tempo. A frase “non
teño tempo” convertíuse nun lamento universal. A anticipación do futuro
conviertese día a día nun precipitado presente.
-A globalización é un fenómeno asíncrono na medida en que as suas
distintas manifestacións non teñen un desenvolvemento equitativo. En certos
aspectos o proceso global está moi avanzado, como pode ser no relacionado cos
movementos de capitais, de tecnoloxía, de bens e servizos , na
integración dos mercados financeiros; e sen embargo en outros non o está
tanto: dereitos humanos, ecolóxicos, económicos, sociais, movementos de
persoas.
-Terrorismo
global. -Potenciación do terrorismo internacional (nuclear, biolóxico, químico,
cibernético e incluso nun próximo futuro xenómico), mellor comunicado e con
estructuras organizativas non piramidais, se non planas e en perfecta sincronía
coas organizacións futuras.
-No
novo contexto mundial das comunicacións disminuíu a distancia e sen
embargo esta nova situación está dando unha nova importancia á xeografía, xa que
mentres Internet e as novas tecnoloxías de nova xeración
non avancen, esta pode convertirse nun factor de discriminación (un novo
apartheid). Actualmente o funcionamiento de Internet pode verse limitado pola xeografía.
Certas zonas do planeta terán infraestructuras que permitirán un tráfico que permite
a utilización dun Internet máis rápido, mentres
que outras non poderán beneficiarse e incluso moitos non poderán nin acceder
á rede. Esta situación pode dar lugar a unha auténtica alineación do coñecemento
(novo tipo de alienación xerada polo extranamento do coñecemento, en
aqueles que se atoparán marxinados da posibilidade de alcanzalo)
-Un dos efectos indesexables da globalización é o feito de que cos
mercados financeiros integrados, os tipos de xuros, os tipos de cambio e as
cotizacións de activos, volvense máis inestables no tempo e elo conleva
incertidume, aumentando as posibilidades de que se produzan crises financeiras
globais.
-Problemas de verificación da información que crece exponencialmente pola
Rede, de xeito desordeado e á que se accede aleatoriamente, sen ser
contrastada por ninguén. A progresiva dificultade que supón asimilar a masiva
información que se nos suministra bloqueando en certa medida a aparición de coñecemento científicamente correcto.
-Os estados perderon parte da soberanía que tiveron, e os políticos moita da sua capacidade para influir
nos acontecementos.
A política económica entrégase ós Bancos Centrais, perden o monopolio
e control sobre as suas divisas e son incapaces de
acometer as inversións necesarias que el mercado imperfecto acerta a
establecer.
-O perigo que supón que o control económico a escala mundial está pasando
a empresas ou a grupos de empresas que fan alianzas estratéxicas no
terreo tecnolóxico e que son capaces de crear normas de aceptación xeral,
como ocurre no caso de Microsof, Master Card, Visa, por poñer tres exemplos que nos son familiares. Normas, por
outra parte, perfectamente
compatibles con calquera diversidade cultural.
-Dificultade de control fiscal por parte dos vellos estados-nación. Falla
de capacidade e resposta por parte dos estados ós cambios.
-O poder dos estados volvese difuso e a sua capacidade de control disminúe. O Poder
Lexislativo vai perdendo capacidade suficiente para crear un novo marco
legal, adecuado para resolver os graves problemas que esta xerando o novo
contexto global, no que están aparecendo problemas relacionados coa intimidade,
liberdade, propiedade intelectual, seguridade, dereitos humanos, ecoloxía,
control da economía, etc. Ó mesmo tempo o Poder Executivo e o Xudicial,
simplemente non parecen estar capacitados, nesos momentos, para resolver os novos problemas que
xera a revolución global.
-Unha das consecuencias negativas podería ser a pérda de intimidade persoal e
do anonimato no espazo cibernético.
-Perda de liberdade e dereitos no espazo cibernético.
-Posibilidade de que a información poda ser manipulada no espazo cibernético..
-Maiores dificultades para loitar contra a delincuencia internacional, tráfico
de armas, persoas ou drogas.
-O acceso secuencial ó coñecemento está sendo cuestionado polo diluvio de
información xeral que nos chega polos múltiples medios de comunicación.
-Grandes dificultades e manifesta confusión ante a inminente necesidade de definir un
novo contrato social, e un ambiente de cambios de paradigmas, nun momento no que
hai que reinterpretar o presente, definir novos
conceptos, reordenar as nosas prioridades, redefinir os nosos postos de traballo
ou plantexarnos a necesidade de formarnos permanentemente, asumindo papeis cambiantes.
-Problemas para o emprego non cualificado nos países desenvolvidos. Nos países
desenvolvidos a globalización reduce os salarios reais e a pérda de postos de
traballo, sobre todo non cualificados. Parece estar claro, que a
masiva afloración ó mercado de productos que requieren moita man de obra xerados en países con salarios
baixos destrúe o emprego nos países ricos.