I.E.S.

   GREGORIO FERNÁNDEZ

 

Principal
Arriba
Presentación
Estudos
Departamentos
Actividades
Titorías
Taboleiro
Secretaría

NORMAS DE UTILIZACIÓN DA BIBLIOTECA

         A: Horario e normas xerais

         - A biblioteca estará aberta nas horas en que estean dispoñibles os tito­res da mesma.

        - A biblioteca é un lugar de estudio, traballo, lectura,... polo que , para conseguir un ambiente axeitado e que estas actividades se poidan facer con normalidade, deberá manterse silencio e non se poderán levar bebidas nin comida.

         B: Préstamos

         - Os préstamos realizaranse durante as horas indicadas no citado hora­rio.

        - A duración dos préstamos será de 15 días. Este prazo poderá ser reno­vado en circunstancias que así o aconsellen.

        - Se o profesorado necesita dispoñer dalgún libro noutros momentos pode collelo e cubrir a ficha de préstamos (non é imprescindible cubri-la ficha se o libro só se vai consultar durante un momento).

        - A ficha de préstamos deberá cubri-la tamén o profesor que lle preste algún libro ós alumnos

        - Se o libro se leva a algún departamento, deberá indicarse este.

        - Os libros deben tratarse con coidado, evitando manchalos, rompelos ou extravialos. Neses casos deberá comprarse un exemplar novo ou abona-lo importe do mesmo.

        - Os volumes de enciclopedias, diccionarios e outros de consulta só se poden utilizar na biblioteca, agás en circunstancias especiais das que se in­formará ós titores de biblioteca.

        - Os periódicos da biblioteca só se poden ler na biblioteca

         C: Utilización da sala e dos ordenadores da biblioteca

         - A sala da biblioteca só se pode utilizar para impartir clase cando se vaian utilizar os materias da mesma (libros, periódicos, revistas, ordenado­res,...)

        - Para evitar coincidencias os profesores que desexen facer uso da biblio­teca deberán apuntarse previamente no horario que figura na mesma.

        - Tamén se ten que cubrir a ficha de utilización da biblioteca e, se é o caso, dos ordenadores, indicando a actividade realizada adxúntase modelo).

        - No caso de utilizar os ordenadores para entrar en Internet, deberase, inexcusablemente, indicar as páxinas web ás que se accede, tanto por parte do profesor responsable do grupo, como por parte do alumnado cando ac­ceda individualmente. Calquera incumprimento desta norma ou de utilización indebida dos ordenadores e de Internet, suporán a desconexión dos mesmos.

        - Ordenadores: non se poden instalar programas, nin tampouco se po­den baixar programas de Internet. A utilización dos ordenadores e de Inter­net é exclusivamente para cuestións educativas, calquera outro uso está fóra de lugar.

        Os alumnos que usen os ordenadores para facer traballos poderán solici­tar dos titores de biblioteca que lles faciliten o uso da impresora.

  

 

 

FICHA DE USO DE BIBLIOTECA

 

 

Profesor/a:

 

Curso:

 

 

Data:

 

 

Hora:

 

 

 

 

 

 

 

 

Ordenadores

 

 

 

Libros

 

 

 

 

 

 

 

Páxinas web:

 

Diccionarios

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Enciclopedias

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Outros

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Actividade/s realizada/s: