2-¿CALES SON AS VANTAXES DA
GLOBALIZACION?
-Resulta razonable o pensar que o incremento exponencial da información e o coñecemento accesible, unido a
unha inmensa capacidade de comunicación
global, pode levarnos a unha maior sensibilización ante os problemas comúns, e
todo ese potencial podría terminar constituíndo unha axuda real aos máis
desfavorecidos.
-A información xa circula pola Rede escapando a tendencias monopolizadoras e
sendo asequible en gran parte do mundo a costes baixísimos.
-A
globalización vai poñer en evidencia a diferencia que existe entre o
actual e caduco, Sistema Social Piramidal (código regulador das relacións humanas
individuais nunha sociedade concreta) en crise e responsable dun delirante aillamento
persoal egocéntrico que frea o inevitable
proceso de individualización, do concepto de “Sociedade Humana” ou creación
espontánea dun mundo de relación para o que estamos biolóxicamente
preparados. O ser humano, que de momento só se atopa en nós
como una posibilidade de futuro, noe existirá nunca aillado e dende o punto de vista biolóxico
propende á cooperación
Os
sistemas Sociais creámolos nos mesmos para regular a vida en sociedade e non teñen porque ser eternos.
-A globalización lastra ás estructuras económicas, políticas e sociales
de intermediarios inútiles. O grande cambio emerxente está dándolle o poder
ó productor e ó consumidor e está quitándollelo ó intermediario, que era unha
peza clave na regulación da economía tradicional. No eido político a intermediación
segue sendo necesaria, porque non se debe suprimir o debate social, pero o que
ocorre é que a intermediación política gubernamentalizouse, burocratizouse en exceso, dificultando
a comunicación
entre os protagonistas do futuro: as entidades supranacionais e os
poderes locais significativos, restando recursos económicos ós mesmos.
-Nun mundo globalizado, as compañías, sexan da nacionalidade que sexan, non teñen
o control dos prezos. Estos fixaos o mercado
internacional. Por isto os aumentos de custes hai que compensalos cunha maior productividade,
que se consigue cunha maior utilización das novas tecnoloxías, coa innovación
e cunha nova
forma de facer economía. Só de este xeito poden aumentar
os beneficios cando non poden subir os prezos. A innovación é
sempre positiva para o individuo e para a sociedade en xeral.
-Estamos pasando dun sistema de produción para consumo de masas, consustancial
á era industrial, a un sistema de produción para consumo
diversificado, grazas ás innovacións nos procesos produtivos.
-A globalización provocou a aparición de movimentos críticos contra a mesma que
provocaron unha maior sensibilidade con problemas comúns: solidaridade,
dereitos humanos e ecolóxicos...
-A globalización é o gran fenómeno económico de nosa era. Ofrece
oportunidades sen precedente a miles de millóns de personas en todo o mundo.
-As posibilidades de erradicar a pobreza no mundo deixou de ser unha
entelequia e se un obxectivo, técnicamente posible e polo tanto certo para a
humanidade (a eclosión da biotecnoloxía pode ser un factor
determinante).
-A universalización dos dereitos humanos e ecolóxicos é máis posible que
nunca.
-Ninguén
debe poñer en dubida que a globalización cultural, o turismo e os movimentos
migratorios producen efectos positivos sobre o papel da muller na sociedade e os
dereitos dos nenos nas sociedades máis atrasadas.
-Pode contribuir a que comecen a cuestionar ós valores económicos
como únicos e universais, podendo dar paso a un renacemento dos
valores tradicionais, fundamentais para un rearme ético-social e ético-individual.
-A posibilidade de que o pequeño ten significación poda
trascendentalizarse pode propiciar un mundo máis próspero e máis enriquecido
pola aceptación dunha diversidade cultural non trivial e sí significativa. A globalización
é compatible coa pervivencia do feito diferencial, non só
non constitue unha amenaza para a diversidade e pluralidade, se non que ,como
apuntei no capítulo anterior, polo contrario pode chegar a ser o seu mellor aliado.
-As presentes e futuras alianzas-estratéxicas no capital e a tecnoloxía poden
conlevar enormes melloras para a humanidade.
-A posibilidade de utilizar Internet os empresarios e con elo ter a
posibilidade de baixar os seus custes xerais publicitarios, mellorar a súa comunicación
cos deudores e acredores, de rediseñar os seus ingresos, baixar custos, mellorar
as suas vendas e polo tanto o seu beneficio, é unha ventaxa xa
irrenunciable.
-Facilita unha nova forma de relacións personais que pode supoñer ventaxas
importantes no campo das relacións humanas. A posibilidade de que
se podan comunicar os nosos neuroquímicos
impulsos afectivos a través da Rede non é algo despreciable e pode ser
extraordinariamente positivo cara a unha mellora nas relacións personais.
-Internet vía satélite, a telefonía móbil ou a televisión por satélite
ou cable, consecuencia da cobertura planetaria das comunicacións e da eclosión
das novas tecnoloxías, son ventaxas incuestionables.
-Mellorará da calidade democrática. Se Internet de segunda xeración consegue
salvagardar a confidencialidade dos datos e o voto electrónico, encontraríamonos ante un importante instrumento que posibilitaría
unha
democracia directa virtual, complementaria dunha democracia representativa que
hai que mellorar notablemente. Internet pode ser un instrumento que permita
revitalizar a democracia a nivel local e xeral, no sentido de que pode ayudar á
movilización real dos ciudadanos para participar na política
local a través da movilización virtual dos mesmos.
-Na economía física, tradicional para facer negocio necesitaban grupos
grandes, unha determinada localización, gran espacio físico, gran información
e gran poder para comunicala. No novo contexto global xa non son tan
importantes o valor dos factores tanxibles, nin o espacio físico, nin a
localización e por outra parte a información está ó alcance de todos e o poder
transmitila tamén, a capacidade de aproximación ó cliente é máxima e o custo publicitario mínimo. Podíamos
dicir que Internet permite que o pequeno se sinta grande e isto desde o punto de vista
da motivación
empresarial é importantes.
-A
globalización creará problemas importantes ós rexímenes políticos
autoritarios.
-Por
outra parte non nos debemos olvidar que non só o factor coñecemento é un valor
en alza dentro da organización e a produción da empresa, se non que cada
vez se producen máis bens intanxibles, porque a demanda así o quere. Estos
bens teñen a particularidade de non ser excluintes se non compartibles. Entre
os intanxibles en alza, aparte de bens, a marca ou a organización destaca a innovación que permite competir en
mellores condicións, subir prezos e mellorar consecuentemente os beneficios. A innovación
ten moito que ver co cambio no sistema de transmisión de intelixencia no proceso
produtivo, xa que activa a importancia dos traballadores das unidades locais.
-No terreo político e social a globalización pode chegar a permitir dar o paso
do Estado Pirámide a un Estado Intelixente, un Estado Rede,
con modelos organizativos flexibles que consideren como fundamental a
participación e aportación de cada ciudadano, revaloricen e se centren na sua
figura. En definitiva os Estados Modernos deberían orientarse máis a
catalizar as aportacións dos cidadáns aos que teñen que servir, que a dirixir anacrónicamente
as suas vidas.
A relación cidadan-poder político, debese modificar para que se volva
creativa por parte do cidadán. Por medio da participación, o cidadán deixa de ser
obxecto de poder, para convertirse en suxeito do mesmo.
Ó “Estado Intelixente”, ó “Estado Rede” corresponderíalle acercarse
ás necesidades dos cidadáns, non co afán de protexerlos se non coa
finalidade de facilitar e fortalecer a participación dos mesmos en políticas
concretas. O problema para o poder é provocar as condiciones de
interactividade adecuadas para conseguir a movilización real e motivacional
dos cidadáns, anque para elo teñamos que pasar a un estado
virtual.
-A globalización vai permitir dar protagonismo ós dous grandes poderes do
futuro: as entidades supranacionales e as entidades locais, precarizando ós actuales estados-nación.
Nos últimos anos os vellos Estados-Nación
están vendo con estupefacción como os pilares fundamentais (a cohesión do estado, el
autoabastecimento ou aa seguridade nacional) sobre os que asentaron vanse desfaciendo paulatinamente,
o que conleva que estos antigos proxectos vaian perdendo definición e peso económico, político, cultural
e social. Frente a la ameaza do terrorismo internacional nuclear, químico,
biolóxico, cibernético, xenómico ou de cualquera tipo ”, a protección que
ofrece o Estado-Nación non vale para nada. Vivímolo recentemente co
ataque realizado contra a nación máis poderosa do mundo. O tema do medio
ambiente esixe básicamente una acción local e global, escapa ó soberanismo intermedio, dado que afecta a toda la
humanidade, como o terrorismo, o tráfico de armas o de persoas.