Temos a convicción de que a maior parte da "información" que circula nos medios de comunicación, -prensa, radio, televisión-, é simplemente propaganda e adoutrinamento a favor dos intereses dunha minoría selecta e poderosa da sociedade.
Emprendemos, xa que logo, un traballo colectivo de procura, divulgación e debate de información significativa e fiable, aberto a toda a comunidade escolar.

PRINCIPAL > MODELOS INTERPRETATIVOS DA CRISE

 

Curso 2010-2011:

  • La crisis y la tasa de ganancia

 

Curso 2009-2010:

  1. Crise do modelo fordista de acumulación de capital: sobreprodución; caída de taxa de beneficio empresarial.

  2. Ataque, na década dos 70 do século XX, aos salarios e ao poder sindical como forma de recuperar a taxa de beneficio. Neoliberalismo, deslocalizacións, desregulación de fluxos de capital...

  3. Caída da demanda inducida polas rebaixas salariais mencionadas no apartado (2). Consecuente agravamento da crise de sobreprodución.

  4. Forte desenvolvemento do crédito para afrontar a caída de demanda referida no apartado (3). Crecemento baseado na débeda.

  5. Desenvolvemento a gran escala do sector financeiro como medio de obtención das plusvalías fóra do campo da economía produtiva.E xemplo: afluencias masivas de capital que inchan os prezos dun activo ou ben, buscando un beneficio especulativo a curto prazo.

 

IES Leixa :: Outra información é posible