|
|
|
|
3. Regulación dos tratamentos con opiáceos >> 25 minutos |
|
No Estado español se puxo en marcha en 1986 un programa de tratamento das drogodependencias que inclúe o tratamento con opiáceos das persoas dependentes aos mesmos. Estes tratamentos fanse con substancias ou especialidades farmacéuticas que teñen como principio activo algún opiáceo dos contidos nunha lista (son 15 destas substancias), e que se poden prescribir como tratamento das dependencias segundo unhas pautas preestablecidas que poden superar os 21 días e se realizan por organismos, centros ou servizos sanitarios públicos ou privados sen ánimo de lucro debidamente acreditados ou outras entidades non sanitarias que conten coa debida autorización (por exemplo en centros penitenciarios).
Buprenorfina.
Butorfanol.
Codeína.
Dextropropoxifeno.
DihidrocodeínaI.
Etilmorfina.
Folcodina.
Metadona.
Morfina.
Noscapina.
Opio extracto.
Pentazocina.
Petidina.
Tilidina.
Levo-alfa-acetilmetadol (LAAM).
A prescrición destes tratamentos faise polos facultativos destes organismos, centros ou servizos antes mencionados e a subministración da medicación, así como a súa conservación, depende dos servizos farmacéuticos dos mesmos ou ben de oficinas de farmacia acreditadas para estes fins.
Toda a medicación que se emprega nos tratamentos con opiáceos está sometida á mesma regulamentación que as substancias estupefacientes.
Para que unha persoa sexa admitida no programa de tratamento con opiáceos ten que haber un diagnóstico confirmado de dependencia a opiáceos e ter realizado, alomenos, outro tratamento distinto previo. Como excepción, poden incluírse no programa drogodependentes que non cumpran os anteriores requisitos pero estean contaxiados polo virus da SIDA ou se atopen afectados por unha patoloxía orgánica severa.
A fin de facer un control exhaustivo dos pacientes a tratamento, os médicos responsables do programa deben emitir un informe trimestral no que debe constar:
Número de pacientes en tratamento.
Inicios, interrupcións e finalización do tratamento.
Opiáceos subministrados.
|
|
Nesta unidade se revisan as condicións dos tratamentos de deshabituación aos opiáceos e a súa regulamentación. Revisa os conceptos de principio activo e prescrición. Repasa os documentos de control de estupefacientes. Fai un esquema coas condicións que se deben cumprir nos tratamentos das dependencias a estupefacientes. |