A teoría especial da relatividade baséase en dous postulados de A.Einstein
Non se pode detectar experimentalmente o movemento uniforme absoluto
A velocidade da luz é unha constante independente do movemento do emisor
Unha consecuencia importante dos postulados é que todos os observadores en movemento relativo deben medir a mesma velocidade da luz, c. O experimento de Michelson-Morley confirmou a validez do segundo postulado e para facelo compatible co primeiro houbo que modificar os conceptos de ''tempo'' e ''espacio''.
así logo
Δto = ξ.Δt . O mesmo acontece coas
lonxitudes, sen embargo a lonxitude propia é máis longa ca outra
calquera, entón Lo = L / ξ .Da relación anterior dedúcese que a masa en repouso dunha partícula de masa mo debe ser Eo = moc2 e polo tanto para unha partícula que non estea sometida a forza ningunha (sen enerxía potencial), a súa enerxía cinética EC será a diferencia entre a enerxía total e a enerxía en repouso ( e non!! 1/2.mv2 ) , EC = mc2-moc2 = (m-mo)c2 .
A relatividade pode xeralizarse a sistema de referencia acelerados, o resultado chámase teoría xeral da relatividade e baséase no principio de equivalencia: un campo gravitatorio homoxéneo é completamente equivalente a un sistema de referencia uniformemente acelerado. Este principio implica a equivalencia entre as masas inercial e gravitatoria e predí a curvatura da luz no interior dun campo gravitatorio, e a existencia de buratos negros, etc..
Anterior: ELECTROMAGNETISMO ; Seguinte: CUÀNTICA