Os diferentes MODELOS estudiados nos permiten entender o comportamento fisico-químico dos corpos, dos materiais. Vimos o MODELO CINÉTICO-MOLECULAR da materia que nos permitia entender as propiedades dos gases, dos líquidos e sólidos, así como os cambios de fase entre eles, vimos un MODELO DE REACCIÓN QUÍMICA que nos permitia entender como se producen as transformacións químicas, como unhas sustancias se poden convertir noutras e por último vimos o MODELO ELÉCTRICO DA MATERIA que nos permitia entender o comportamento das cargas eléctricas e mesmo a corrente eléctrica. Todos eles están baseados na existencia dunhas partículas pequenísimas de materia chamadas ÁTOMOS que forman, mediante enlaces, as MOLÉCULAS.
Os átomos únense para formar moléculas e as agrupacións de moléculas forman as sustancias, os corpos. Sen embargo só falamos deses átomos cando estudiamos a teoria de Dalton, concretamente dixemos que unha das hipóteses fundamentais de Dalton era supoñer que os átomos ''son inalterables'', ''indivisibles'', non cambian durante as transformacións fisico-químicas, o cal equivale a dicir que non están compostos de partes máis pequenas, que non teñen compoñentes. En definitiva, a imaxe mental do átomo é a dunha especie de ''esferiña diminuta maciza'' (algo semellante a unha bola de billar submicroscópica).
Pero os efectos entre cargas eléctricas e os da corrente eléctrica parecen ser contrarios a este modelo anterior: se os corpos se cargan cando os fregamos .. de onde saen as cargas?, se nunha corrente eléctrica hai cargas circulando ... de onde saen? Lembremos que toda a materia posúe duas propiedades fundamentais: a masa e a carga eléctrica. Logo as cargas que estudiamos en electricidade tamén deben posuír masa e carga ... onde estaban? Loxicamente non poden saír doutro sitio que dos propios átomos, porque son os que forman as partículas das sustancias. Vemos logo que isto está en contradicción coa idea anterior de modelo de ''átomo indivisible'', os átomos conteñen partículas máis pequenas que se atopan no seu interior. Un estudio detallado da corrente eléctrica amosa que esas partículas que se atopan no interior do átomo posúen masa -moi, moi pequena- e carga eléctrica negativa, chámanse electróns. Logo a forza que mantén unidas ás partículas dos átmos é de natureza eléctrica (Lei de Coulomb) como a que vimos no tema de electrostática.
De todo o exposto anteriormente dedúcese a necesidade de inventar un MODELO DE ÁTOMO que dea explicacións satisfactorias ao comportamento eléctrico, químico e físico dos materiais. O primeiro modelo de átomo foi proposto (a principios do século XX) por J. Thomson, despois de ter constancia de que as partículas cargadas da corrente eléctrica eran os electróns que posuían carga eléctrica negativa:''os átomos son unhas esferiñas dun tamaño aproximado de 10-10 / m onde os electróns (cargas eléctricas negativas) están localizados no interior dunha distribución continua de carga positiva''. Este modelo pode representarse mediante o seguinte debuxo esquemático:
Neste átomo hai 8 electróns (8 cargas -), logo na distribución de carga positiva, onde están contidos os electróns debe haber 8 cargas + (lembremos que os átomos, a materia, é electricamente neutra).
Pódemos explicar con este módelo os fenómenos estudiados neste curso??
anterior: MAGNETISMO