volver ao índice de fichas

cinemática

Para poder atopar as leis que governan os cambios que experimentan os corpos cando pasa o tempo debemos describir eses cambios e rexistralos dalgún xeito. O cambio máis sinxelo, observable, é o cambio de posición co tempo, ao cal chamámoslle movemento. A cinemática é a parte da Física que estudia o movemento dos corpos. Historicamente estivo relacionada cos movementos dos corpos na Terra, dos planetas, do Sol, da Lúa, etc. O plantexamento xeral da cinemática é o seguinte: se coñecemos as características (magnitudes cinemáticas) actuais do movemento dun corpo ... podemos predicir a súa posición no futuro?

Para describir o movemento dun corpo necesitamos un sistema de referencia, SR, (o movemento é un concepto relativo) espacio-temporal e a traxectoria do corpo respecto dese SR. Cando un corpo se move respecto dun SR cambia a súa posición co tempo. As seguintes magnitudes físicas son útiles para describir eses cambios:

magnitude símbolo def. operativa unidade (SI)
intervalo de tempo Δt Δt = t - to [1 s]
cambio de posición Δe Δe = e - eo [1 m]
rapidez media vm Δe/Δt [1 m/s]
aceleración media am Δv/Δt [1 m/s2]

Antes de continuar debemos facer as seguintes puntualizacións:

Os movementos podémolos clasificar segundo o tipo de traxectoria (recta ou curva) e segundo os valores das magnitudes cinemáticas (v = Cte, a = Cte, etc). Nós imos estudiar os máis sinxelos:

Tipo de movemento v a vm am v = f(t) e = f(t)
MRU Cte 0 Δe/Δt 0 v = Cte Δe = v.Δt
MRUA varía Cte (v+vo)/2 Δv/Δt v=vo+aΔt Δe = voΔt+1/2aΔt2
MCU Cte Cte Δθ/Δt Cte ω = Cte θ=θo+ωΔt

Seguinte: DINÁMICA