volver ao índice de fichas


dinámica (leis de Newton)

Un dos aspectos fundamentais que contribuíron ao desenvolvemento da Mecánica foi o estudio (por Galileo, Newton e outros) das causas dos cambios no movemento, as causas de que un movemento sexa dun tipo ou doutro (segundo a clasificación que fixemos en cinemática). O concepto de forza máis útil é o de Newton (definido nos principios da Dinámica). Para Newton a forza é a causa do cambio de movemento (aceleración), segundo a relación F = ka.

Os principios da Dinámica enunciados por Newton establecen:

Este principio unicamente dá unha idea cualitativa de forza, sen embargo é necesario para distinguir entre forza como "causa de cambio no movemento" e a idea de forza como "causa do movemento", segundo a cal para manter en movemento uniforme un corpo habería que tirar del cunha forza, cando a forza non actúa o corpo volvería ao seu "estado natural" que é o repouso, polo que forza e velocidade estarían hipoteticamente relacionadas directamente segundo a ecuación F = kv.

Esta é a definición operativa de forza, tendo en conta que a constante de proporcionalidade é a masa do corpo,m). Loxicamente para ser útil necesita a definición adicional dunha masa patrón (que no SI é o quilogramo).

As forzas aparecen como consecuencia das interaccións, pero ¡¡ nunca por outras causas !!.


Anterior: CINEMÀTICA ; Seguinte: APLICACIÓNS da DINÀMICA