volver ao índice de
fichas
enlace químico
- As reaccións de transferencia electrónica entre un metal e un non-metal
dan lugar á formación dun composto iónico, constituido por un catión e un
anión, e unidos por unha forza electrostática intensa (enlace iónico). A
formación dun composto deste tipo é un proceso exotérmico, gracias sobre
todo á enerxía de rede (enerxía potencial eléctrica debida aos ións).
- Nunha molécula ou ión poliatómico, os átomos do non-metal únense
mediante enlaces covalentes (parellas de electróns). Dous átomos poden
compartir unha, duas ou tres parellas de electróns para formar un enlace
simple, doble ou triple. Se os dous átomos do enlace son iguais o enlace
non presenta polaridade, pero se son diferentes o enlace terá un carácter
polar máis ou menos acusado dependendo da diferencia de
electronegatividade dos átomos. A intensidade dun enlace mídese pola
entalpía (enerxía) dos seus enlaces.
- Nun enlace metálico os átomos do metal aportan e- á unha estructura
cristalina de catións metálicos, pasando a ser compartidos por todo o
metal.
estructura molecular
- Para deducir algunhas propiedades fisico-químicas dos ións poliatómicos
ou das moléculas debemos facer unha análise mecano-cuántica da mesma, sen
embargo tamén se poden predicir a partir dunha modificación do método de
Lewis chamado TREV (teoria de repulsión das parellas electrónicas) ao
redor do átomo central. A xeometría depende do número de enlaces e das
parellas non-compartidas ao redor do átomo central.
- A polaridade de cada enlace e a xeometría molecular determinan a
polaridade da molécula.
- Hai duas teorías (que son bastante semellantes) para explicar desde o
punto de vista mecano-cuántico o enlace químico. Ambas baséanse na
hipótese de que os orbitais moleculares son unha combinación dos orbitais
atómicos.
- A teoría de enlaces de valencia considera ao enlace covalente como unha
parella de electróns con spin oposto que ocupan o mesmo orbital. Na maior
parte dos casos os orbitais atómicos que se utilizan no enlace están
hibridados, de esta forma os átomos aproveitan mellor os electróns de
valencia para formar enlaces: as hibridacións máis importantes son as
sp, sp², sp³, etc. Nun enlace múltiple, as parellas de elctróns
''extra'' non están hibridados, forman enlaces de tipo π.
- No modelo de orbitais moleculares, os orbitais atómicos combínanse
entre si para formar o mesmo número de orbitais moleculares. Estes
orbitais poden ser enlazantes e antienlazantes. Os orbitais énchense
ordenadamente, segundo as súas enerxías relativas.
Anterior: ESTRUCTURA ATÓMICA