volver ao índice de fichas
a estructura dos átomos
- Os átomos só poden ter nerxías cuantizadas (discretas), é dicir, os
seus electróns só poden ocupar determinados niveis de enerxía. Cando un
e- cambia dun nivel a outro emite (se baixa) luz dunha determinada
frecuencia propia e absorbe (se sube) luz de determinada frecuencia
propia. A diferenciua de enerxía entre os niveis de salto determina a
frecuencia da luz característica.
- O modelo mecano-cuántico describe o estado dun electrón mediante catro
números cuánticos:
n, cuantiza a enerxía, n = 1, 2, 3, .. → NIVEL
l, cuantiza o momento angular, l = 0, 1, 2, 3 .. (n-1)
→SUBNIVEL (s, p, d, f)
ml, cuantiza a compoñente Z do momento
angular ml = -l .. 0 .. +l →ORBITAL
ms, cuantiza a compoñente Z do spín
ms = 1/2 , -1/2
- Nun átomo os e- ordenanse desde enerxías inferiores a superiores e non
pode haber e- cos catro números cuánticos iguais (principio de exclusión
de Pauli).
- A configuración electrónica dun átomo dá información do
estado dos seus electróns e símbolizase dando o
NIVEL-SUBNIVEL{n de e-} [nlx]. A configuración electrónica do átomo
determina a posición que ocupa o elemento no Sisitema Periódico e polo
tanto o seu comportamento (as propiedades) químico.
o sistema periódico
- No SP os elementos están ordenados en periodos (horizontais) e en
familias (verticais). Os elementos da mesma familia posuen unha
configuración electrónica e un comportamento químico semellante.
- O SP divídese segundo a configuración en tres partes:
-un grupo principal (enchen os subniveis s e p)
-o grupo dos metais de transición (enchen o subnivel d)
-o grupo das terras raras (enchen o subnivel f)
- Segundo nos movemos de esquerda a dereita, a carga nuclear efectiva e o
potencial de ionización aumentan, mentras que o radio atómico e caracter
metálico diminuen. Cando baixamos, a carga nuclear efectiva permanece
constante e o potencial de ionización diminue, sen embargo, o radio
atómico e o caracter metálico aumentan. Estes aumentos e diminucións das
propiedades atómicas poden xustificarse pola configuración electrónica
dos elementos.
Anterior: REACCIÓNS ;
Seguinte: ESTRUCTURA MOLECULAR
Last modified: Thu Jun 3 15:53:14 CEST 2004