A idea de SISTEMA en Física é fundamental para entender en todo o seu significado o concepto de enerxía. Un sistema é unha masa ou un conxunto de masas que nós separamos interesadamente do resto do universo para estudiar que lles acontece. Ao que hai fóra de el chamámoslle ''entorno'' ou ''arredores'', en xeral é o EXTERIOR. O que permanece dentro chámase o INTERIOR. Así p. ex. as forzas que actúan sobre os obxectos poden ser internas --se son exercidas polos obxectos que forman o sistema-- ou externas --se son exercidas por calquera outra cousa do entorno ou arredores--

aquí F1 e F2 son forzas INTERNAS e F3 é EXTERNA

aquí F1 e F4 son forzas EXTERNAS, non hai INTERNAS

aquí todas as forzas (F1, F2, F5, F6) son INTERNAS