Departamento

gráficas

Valor numérico dunha magnitude

O valor numérico dunha magnitude é o cociente entre a magnitude e a súa unidade. Na cabeceira é mellor poñer A/[u] que A([u]). Desta forma a presentación da incerteza é máis adecuada. Non é o mesmo A/[u] ± 1 que A([u]) ± 1. Os valores numéricos das magnitudes lístanse sempre coas súas cifras signficativas correctas. Incluso se son magnitudes derivadas. P. ex.

p/hPa±0.1 T/ºC±0.1
105.8 54.3
201.1 59.3
238.1 66.1
330.7 73.1
489.5 80.5
529.2 85.7
661.5 88.3
804.4 93.8
921.9 98.0

Que é una gráfica?

A representación de datos numéricos por medio de unha ou varias liñas que fan visible a relación que estes datos gardan entre si. Hai tres tipos de gráficas: Cartesianas, Barras e Sectores.

Que se representa?

  1. Puntos experimentais resultado de medidas directas ou derivadas de elas.
  2. Funcións matemáticas relacioadas cun estudio teórico.
  3. Funciones matemáticas derivadas da interpretación de datos experimentais: axuste de mínimos cadrados, axustes de pico, etc.

Como se representa?

Na gráfica de datos experimentais represéntase o que se mide: puntos. Nunca se unen con liñas. Cando convén represéntanse tamén as barras de erro.

Nas funcións matemáticas é mellor representar en forma de liña que por puntos. Para debuxar rectas pode usarse unha regra; para outras funcións, mellor usar un ordenador ca ''man''.

Os eixes

Formato

  1. Os eixes son o elemento informativo clave da gráfica.
  2. É a única fonte de información alfanumérica da gráfica.
  3. Polo menos un eixe sur e outro oeste. Independientes.
  4. Cada eixe ten duas magnitudes fundamentais: →A lonxitude do eixe , →A amplitude da escala.
  5. Todos os elementos de interese (puntos e liñas) deben estar dentro dos eixes.
  6. Os elementos de interese deben distribuirse de forma homoxénea na gráfica.
  7. Non deben existir zonas baleiras de elementos de interese.
  8. Colócanse poucas marcas: catro ou cinco divisións principais. Se usamos papel milimetrado as marcas sobre los milímetros.
  9. Opcionalmente pódese dividir cada división principal en duas partes.

Tamaño

  1. Xógase coas duas magnitudes dos eixes para que o impacto do que queremos representar sexa o adecuado.

As marcas

  1. Ningunha lei física ou matemática obriga a representar o punto (0 , 0) de forma especial. P.ex. marcando o comezo dos eixes.
  2. Poñer poucas marcas: catro ou cinco como moito. Se o papel é milimetrado as marcas sitúanse sobre marcas milimétricas.
  3. O rango relevante da etiqueta variará de un en un, ou dous en dous, ou cinco en cinco: 0, 1, 2, 3 ...; 0, 20, 40, ...; 0, 500, 1000, ...

Exemplo:

Temperatura de ebulición da auga fronte á presión de saturación en hectopascales


Last modified: Mon May 14 23:34:56 Hora de verano romance 2007