Benvido á páxina do Departamento de Física e Química do IES - Leliadoura. Aquí atoparás materiais para coñecer e traballar ista asignatura. A diferencia doutras páxinas que poidas atopar na rede, ista contén moito texto e pouco material "gráfico" (hai poucas imaxes e ningún applet), facémolo así para que poida ser accesible a todos os ordenadores (algúns ordenadores non teñen memoria suficiente para amosar tales características gráficas), incluso a maior parte desta páxina pódese ler cun navegador de texto.
Que pretendemos con esta páxina?
En principio, proporcionar material de estudio aos alumnos en forma de fichas-resumo. As fichas NON serven por si soas para entender os temas, deben seguirse as clases normais, é imprescindible. Aquí só aportaremos unha visión esquemática e simplificada, pero práctica dalgúns temas especialmente relevantes que se axustan máis ou menos ao temario da asignatura.
Tamén damos algunha bibliografía que consideramos interesante para facer traballos de investigación bibliográfica (non hai libros de texto) relacionados sobre todo co estudio das relacións entre a Ciencia/Sociedade/Tecnoloxía, o que poderiamos chamar a ''historia da ciencia'', a súa evolución e relacións sociais ao longo do tempo.
Como a nosa páxina non é a única (afortunadamente!!) aquí tamén atoparás unha lista de enlaces para acceder a outras páxinas interesantes relacionadas coa nosa especialidade.
Por último, podes observar que hai unha última páxina de ''outras cousas'' que aínda está baleira. Non sabemos moi ben como enchela e suxerimos que te poñas en contacto con nós para facernos as túas propostas. Nesta mesma páxina atoparás a dirección de correo do Instituto. Envia as túas suxerencias!!. Grazas!!