ENEAS NA BARCA DE CARONTE (XXII)
Anterior | Inicio | Seguinte
Eneas, seguindo os consellos que lle dera a sombra do seu pai Anquises, diríxese ata o Averno para poder falar con el. Na súa entrada atópase o río Aqueronte, que deben atravesar na barca de Caronte. Este traslada ós mortos sepultados e non admite ós vivos máis que de xeito excepcional. A Sibila, que acompaña a Eneas, convénceo mostrándolle unha rama de ouro.