O TÁRTARO (XXIII)
Anterior | Inicio | Seguinte
Acompañado pola Sibila, Eneas visita todos os lugares do Averno e chega a un lugar onde hai dous camiños: o da dereita leva ó Elíseo e ó palacio de Plutón, o da esquerda ó dominio do Tártaro, morada dos malvados e teatro dos seus suplicios. Alí óense constantes laios, o zoar dos látigos terribles e o estrépito das cadeas de ferro que arrastran os culpables.