Arco dos Argentarii
Anterior | Inicio | Seguinte
Este monumento, que sobresae da estructura da igrexa de S. Giorgio al Velabro, foi dedicado á familia do emperador Septimio Severo polos argentarii (banqueiros) e polos tratantes de bois que operaban nesa área. Foi construído ó redor do 204 d.C. Máis que un arco era unha porta, unha porta de acceso ó Forum Boarium, o gran mercado de gando cerca do porto do Tíber. Na imaxe obsérvase a Hércules, co mazo e a pel de león.